Os populares rexeitan a petición dos socialistas de “solucionar a precariedade laboral” dos traballadores de Seaga

Os populares rexeitan a petición dos socialistas de “solucionar a precariedade laboral” dos traballadores de Seaga

Os populares rexeitan a petición dos socialistas de “solucionar a precariedade laboral” dos traballadores de Seaga

O deputado socialista José Antonio Quiroga presentou esta mañá unha Proposición non de Lei para instar ó goberno galego a ampliar a duración dos contratos dos traballadores da empresa pública Seaga, de tres a nove meses, e a incluílos no V Convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Unha iniciativa que foi vetada polo PP.

Na Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes, Quiroga urxiu á Xunta a “solucionar a precariedade laboral” duns 500 traballadores, e acusouna de “dar un pésimo exemplo ó mercado laboral ó deixar de lado a un colectivo con alta cualificación, profesionalización e formación”.

Nesta liña explicou que os contratos de tan curta duración cos que contan os traballadores de Seaga “son claramente insuficientes para realizar as súas tarefas”, adicadas á loita contra o lume e contra as pragas, as catástrofes naturais e o desenvolvemento do medio rural.

O deputado socialista criticou o “falso anuncio por parte de Feijoo de que esta sería a lexislatura do rural”, lembrando as “fortes carencias que se repiten ano tras ano” nunha serie de actuacións nas que Seaga “ten que desenvolver un papel clave”.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar