Os Populares rexeitan a moción para que a Xunta creara unha comisión que elaborase en consenso cos afectados a proposta galega de reforma da planta xudicial do ministerio

Os Populares rexeitan a moción para que a Xunta creara unha comisión que elaborase en consenso cos afectados a proposta galega de reforma da planta xudicial do ministerio

Os Populares rexeitan a moción para que a Xunta creara unha comisión que elaborase en consenso cos afectados a proposta galega de reforma da planta xudicial do ministerio

A iniciativa defendida por Dolores Rodriguez Amoroso, propoñía tamén instar á Xunta a demandar as competencias neste ámbito, para evitar que persoas alleas a Galicia, aplicando criterios homoxéneos, trace nun papel os partidos xudiciais, obviando as particularidades do noso país

Lamenta esta deputada que o consenso acadado hai tan só 15 días non puidera repetirse para abrir á participación dos afectados a elaboración da proposta da Xunta, que lle pedirá o Ministerio previamente á redacción definitiva da lei

Rodriguez Amoroso advirte que tanto as taxas que pretende aplicar o ministerio de Xustiza como a distancia de 100km dos partidos xudiciais, vai dificultar o acceso de moitas galegas e galegos á Xustiza

Rodríguez Amoroso, defendeu no pleno da Cámara autonómica unha moción pola que se insta ao Goberno galego a constituír un grupo de traballo, que conte con expertos na materia e representantes dos sectores afectados, para elaborar unha proposta e definir unha mellor organización das demarcacións xudiciais en Galicia, que terá que ser presentada no Parlamento antes de que remate o ano 2012.

Requírese tamén á Xunta a iniciar os trámites diante do Goberno do Estado para acadar a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da competencia para a demarcación, modificación e supresión de partidos xudiciais e de creación de órganos xudiciais.

A parlamentaria socialista definiu a proposta do Poder Xudicial como “moi lesiva” para Galicia. O informe foi rexeitado pola Cámara galega e pretende que Galicia pase de ter 45 a 13 partidos xudiciais. Sen embargo, dito informe vai ter moita relevancia na configuración do novo mapa xudicial. Así o cree a deputada socialista, coa que coinciden os operadores xudiciais e concellos afectados, que teñen manifestado a súa posición contraria a esta proposta.

Onte se confirmaban os temores do Grupo Socialista, afirma Rodríguez Amoroso, que dou lectura dunha entrevista nun medio de comunicación a un dos catro vocais do Poder Xudicial asinantes do informe.

Este membro do Consello Xeral do Poder Xudicial confirma que o criterio empregado para a nova demarcación foi homoxéneo e único en todo o Estado, e que o resultado ven de aplicar estes criterios comúns á Comunidade galega. Por tanto, denuncia A deputada socialista, “sen ter en conta as singulariades orográficas, socioeconómicas, de dispersión poboacional e de transporte público en Galicia”.

Tamén se confirma que se manterá o criterio de distancia de 100km, “que tanto dano vai facer a Galicia, como concluímos no último pleno”, insiste Rodríguez Amoroso.

“Recordemos as dificultades dun cidadán de Camariñas, que tería que desprazarse ata Noia ou Ribeira, bastante máis dunha hora de traxecto e sen transporte público”, exemplificou a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista.

O maxistrado entrevistado, Almenar Berenguer, adianta máis novidades negativas e avanzadas pola deputada socialista na tribuna do Parlamento. O vogal do Poder Xudicial anunciou a supresión dun partido xudicial máis: o de Lalín.

A intención do Consello Xeral do Poder Xudicial é a de suprimir aínda máis partidos xudiciais dos anunciados no propio informe sen ter en conta as particularidades concretas. Sen ter en conta que, nas poboacións intermedias de Galicia se verían obrigados a desaparecer e instalarse nas capitais, onde parecen querer concentrar a planta xudicial.

Isto supón “unha nova discriminación para o medio rural”, apunta Amoroso, así como un desaproveitamento dos investimentos realizados en materia de infraestruturas xudiciais nas vilas.

Neste momento unha comisión institucional está a traballar na proposta de texto articulado da Lei orgánica do Poder Xudicial e de Lei de Demarcación e Planta. Todo indica, segundo Rodríguez Amoroso, que “existe certa presa no ministerio por esta lei” que e en outubro xa exista unha proposta firme ao respecto.

A participación das CCAA ven definida polo 35.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, e limítaa á remisión ao Goberno dunha proposta de demarcación dos partidos xudiciais. Por esta razón e dada a presa do ministro Gallardón, os socialistas consideran necesario que o Goberno traballe xa nesta demarcación e estea lista para cando o ministerio a requira. Por iso propoñían a creación da comisión de traballo que rexeitaron co seu voto negativo os populares.

Pretendían os socialistas que o informe final desta comisión contara coa anuencia de todos os sectores e non sexa só o informe da Xunta senón o de todos os galegos e as galegas, un informe “fortalecedor do autogoberno e dunha Administración aberta e participativa”.

Os populares tamén impediron que saíra adiante a petición ao Estado da solicitude de transferencia das competencias de demarcación, modificación e supresión de partidos xudiciais así como para a creación de órganos xudiciais. Se a competencia fose da Xunta de Galicia aforraríamos problemas como este, e “non serían persoas alleas a Galicia as que aplicando criterios homoxéneos, trazase liñas nun papel para establecer os partidos xudiciais, obviando as particularidades do noso país”, aclaraba Amoroso.

Reprochou aos populares que, “se fomos capaces de chegar a un consenso hai 15 días”, no rexeitamento do contido do informe do poder xudicial, “non podemos chegar a un acordo para que participen os sectores implicados na elaboración dunha proposta de consenso que o Goberno galego ten que levar ao Ministerio de Xustiza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar