Os parados vulnerables deben ter protección por desemprego mentres o paro non baixe do 15 por cento

Os parados vulnerables deben ter protección por desemprego mentres o paro non baixe do 15 por cento

Os parados vulnerables deben ter protección por desemprego mentres o paro non baixe do 15 por cento

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, reclamaralle ao goberno galego, no Pleno do Parlamento que se celebra esta semana, a ampliación da protección por desemprego aos colectivos mais vulnerables mentres a taxa de paro se manteña por enriba do 15 por cento. Quintas defenderá unha moción socialista que reclama tamén un Plan de emprego específico para parados de longa duración.

A responsable socialista explica que a protección por desemprego debe ser percibida por tódalas persoas desempregadas que leven mais de un ano inscritas nos Servizos Públicos de Emprego, teñan responsabilidades familiares e cumpran cos requisitos de carencia de rendas. O subsidio tamén se estenderá ás mulleres vítimas de violencia de xénero, aquelas persoas que cunha minusvalía por enriba do 33 por cento.

Tamén será percibida polas persoas paradas maiores de 45 anos, cando esgotasen a Renda Activa de Inserción ou se contrataran dentro dos 365 días naturais anteriores á data da solicitude de dereito á admisión ao devandito Programa. O subsidio será percibido por estas persoas mentres continúen en situación de desemprego e a lo menos ata que a taxa de paro estea por debaixo do 15 por cento.

Os socialistas reclaman ademais ao goberno galego que se dirixa aos interlocutores sociais para implementar de inmediato un Plan de emprego específico para as persoas en desemprego de longa duración. Este plan incluirá ademais “o aumento da dotación dos Servizos Públicos de Emprego nun mínimo de 200 técnicos especializados na orientación e promoción de emprego en Galicia”.

Un terzo de parados con prestación

Quintas reclamoulle ao goberno galego que “traballe para resolver a situación de milleiros de galegos e galegas”, aos que levou, logo de seis anos de xestión, a que só un terzo dos parados perciban prestación, haxa 600.000 persoas en situación de pobreza -entre eles 120.000 menores-, 93.000 familias teñen a tódolos seus membros en paro, 55.000 fogares estean sumidos na pobreza severa, 30.000 deles sen ningún ingreso.

Esixiulle ao goberno galego que teña “como mínimo a decencia de intentar solventar un problema que está desertizando Galicia e poñéndoa nos peores parámetros”, logo de que Feijóo leva xestionando dende 2009 unha “crise terrible da que tiña pleno coñecemento e que dixo que ía solucionar en 45 días”. Puntualizou que “coas súas políticas Galicia non vai saír nin en 45 anos”.
cola-del-paro

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar