Os pacientes de infarto de Lugo son atendidos 72 minutos por riba do límite

Os pacientes de infarto de Lugo son atendidos 72 minutos por riba do límite

Os pacientes de infarto de Lugo son atendidos 72 minutos por riba do límite

A deputada socialista Concepción Burgo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a implantación do servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA logo de coñecer os resultados do rexistro galego presentado pola Xunta. Estes datos, dixo, constitúen “unha das mil escusas” do goberno galego para retrasar uns medios indispensables para a provincia.

Burgo sinala que, de acordo cos datos feitos públicos polo Sergas, as e os pacientes lugueses tardan 192 minutos, máis de tres horas, dende que alertan da súa situación ata que se produce a intervención sanitaria. Isto son, advirte, 72 minutos por enriba do tempo máximo para recibir unha anxioplastia primaria, estimado en 120 minutos, e que explica a maior mortalidade logo de 30 días e 12 meses despois da intervención.

Esixiulle á Xunta e ao seu presidente que abandonen unha “cerrazón dificilmente explicable” e cumpra o seu compromiso para establecer Hemodinámica 24H e garantir “equidade” nos servizos sanitarios da provincia. Dixo que os 192 minutos que tarda a intervención para os lugueses e luguesas é a media máis alta de Galicia e supón “82 minutos máis que en Compostela, 58 máis que en Coruña e 41 máis que en Pontevedra”.

A evidencia sinala que os lugueses e luguesas “non son tratados con equidade nin con igualdade pola Consellería de Sanidade”, que só garante unha atención acaída aos casos de infarto “en horas de oficina”. Subliña que, tal e como revelan os datos do goberno galego, “ten máis posibilidades de conservar a vida unha persoa con infarto se vive en Santiago ou A Coruña que en Lugo”.

Sinala que a Xunta “xa non pode dar máis argumentos, nin dilatar o cumprimento da súa promesa, xa está ben de perder o tempo, de falar de rexistros e de poñer mil escusas delirantes”, remachou.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar