Os Orzamentos´14 consagran o desemprego de 283.000 persoas, gastan máis en débeda que en educación, recortan o gasto social e consolidan os recortes

Os Orzamentos´14 consagran o desemprego de 283.000 persoas, gastan máis en débeda que en educación, recortan o gasto social e consolidan os recortes

Os Orzamentos´14 consagran o desemprego de 283.000 persoas, gastan máis en débeda que en educación, recortan o gasto social e consolidan os recortes

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou á saída da Xunta de Portavoces para aprobar o calendario de tramitación dos Orzamentos que os representantes dos grupos asistiron ao “enésimo” caso de “subordinación do Parlamento aos intereses do Goberno”.

A maioría da Cámra decidiu, en contra da opinión do Grupo Socialista, unha “tramitación exprés” que impida unha análise pormenorizada e o coñecemento polo miúdo do que representan estes orzamentos. En nove días, salientou Méndez, hanse despachar as comparecencias do Goberno, o que fai prever que serán desbotadas as solicitudes de comparecencia que fagan os grupos da oposición da meirande parte dos responsables de centros de gasto, organismos e empresas “que dende logo serán solicitados polo Grupo Socialista”.

A “subordinación e aldraxe ao Parlamento” se evidenciou tamén no feito de que a maioría popular pretende rematar o 17 de decembro para que “haxa un longo mes e medio de inactividade parlamentaria para que o Presidente da Xunta non se atope incómodo”.

Respecto aos Orzamentos Méndez Romeu salientou a súa condición de “continuistas” a respecto aos actuais, nomeadamente en materia de desemprego. Lembrou o portavoz socialista as cifras: “con Feijóo 170.000 ocupados menos, 125.000 parados máis”. Pese a esta realidade, no 2014 os presupostos destinados á loita contra o desemprego volven baixar un 9%. Desde 2009 teñen baixado de 412 millóns de euros a 183 millóns de euros.

Reprochou Méndez Romeu a Feijóo que cando os socialistas reclamaban políticas activas de emprego e lle ofrecían a man tendida, “o presidente a rexeitaba porque xa era consciente de que con estes Orzamentos se consagra a situación de desemprego para 280.000 persoas”.

Os socialistas advirten tamén de que o Executivo de Feijóo continúa endebedando á Comunidade Autónoma. Neste momento, a débeda representa o 20% do PIB. O que se vai pagar no ano 2014, 2071 millóns de euros é unha cantidade que multiplica por catro a de 2009.

O pago da débeda é “unha terceira consellería”, exemplificou Méndez Romeu. O portavoz socialista chamou a atención sobre o feito de que, descontando o gasto en Cultura da Consellería de Educación, “xa se gasta máis en débeda que en todo o Sistema Educativo e Universitario de Galicia”. A débeda “estase comendo a capacidade de gasto da Xunta”, denunciou.

O parlamentario socialista cualificou de “falsa” a presentación “tramposa e maquillada” que fixo onte Feijóo da previsión de Orzamento en gasto social. O socialista denunciou que os Orzamentos reafirman os recortes sociais e consagran o copago farmacéutico dos enfermos crónicos ou dos comedores escolares.

Os Orzamentos paralizan os gastos produtivos e os investimentos en crecemento. Méndez salienta que os investimentos van ser os menores de todo o século actual, “inferiores incluso á metade do que orzamentaba o último Goberno de Fraga”. O que Feijóo chama “pomposamente” fondo de crecemento non é máis que unha “maquillaxe de márketing” sumando distintos programas existentes nas consellerías.

Os socialistas consideran os Orzamentos de 2014 da Xunta teñen un “sistema regresivo” de imposición, rexeitan gravar con máis impostos aos que teñen máis ingresos ou máis patrimonio, ou ás grandes empresas e se incrementan os impostos indirectos en 90 millóns de euros, fronte a un aumento de 25M€ que gravan a renda das persoas. Anúnciase de novo un plan para a fraude fiscal do que nada se coñece en canto a resultados e se propoñen cativas bonificacións fiscais de mínima incidencia orzamentaria.

Recordou finalmente Méndez as palabras do ministro Guindos nas que afirmaba para crear emprego estable e de calidade era necesario medrar por riba do 2%. Os Orzamentos anuncian un crecemento do 0,8%, o que “dificilmente se vai poder traducir nun incremento do emprego”.

Tamén se reflicte o gasto público, como porcentaxe do PIB, diminúe un 13%. O que significa máis recortes na Administración e no propio gasto da Xunta. O aumento do consumo dos fogares resulta dificilmente crible dado o recorte da maioría das familias no seu inferno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar