Os Orzamentos Xerais son "inútiles" e "inxustos" porque non recoñecen a realidade económica e abocan a un "axuste duro"

Os Orzamentos Xerais son "inútiles" e "inxustos" porque non recoñecen a realidade económica e abocan a un "axuste duro"

Os Orzamentos Xerais son "inútiles" e "inxustos" porque non recoñecen a realidade económica e abocan a un "axuste duro"

A deputada socialista no Congreso, Laura Seara, e o senador ourensán Miguel Fidalgo cualificaron de “inútiles” os orzamentos para 2013 xa que “serán cambiados porque non recollen a realidade económica, ademais de ser inxustos e equivocados porque van na senda do axuste duro” e dixeron que “ os socialistas a través das emendas preténdemos demostrar que hai outro xeito de axustar o déficit. É unha barbaridade que mentres a xente o está pasando tan mal se recortes as políticas sociais”

Deste xeito, Laura Seara anunciou que “os socialistas propoñemos; un fondo de 1.000 millóns de euros para persoas en situación de pobreza e exclusión social e un fondo de 5.000 millóns de euros para a financiación de Pymes, emprendedores, xóvenes sen emprego e parados de longa duración, que se financia adoptando novas figuras impositivas para que pagen mais quenes máis teñen”.

Pola súa banda o senador, Miguel Fidalgo denunciou que “a Ministra de Fomento, Ana Pastor non licitou nin un só tramo novo do Ave, o que fai é reactivar eses tramos que xa estaban licitados pero que o PP paralizou a petición propia con motivo do adianto electoral”.

Fidalgo adiantou que “ o grupo socialistas no Senado pedía unha comisión de traballo para abordar un problema estrutural como son os incendios, que o PP vetou. Neste senso dixo que “en España este ano arderon 200.000 hectáreas, un problema que non entende de cores políticas e que ten que ser estudado en profundidade porque os incendios son a consecuencia de algo que se está facendo mal”

Ourense

A deputada nas Cortes Xerais, Laura Seara, anunciou hoxe que “os socialistas presentamos para Ourense 22 emendas que suman un total de 37,5 millóns de euros, entendendo que son perfectamente asumibles para a súa aprobación, polo que advertiu que “si o goberno de Rajoy non as aproba será porque non quere, dándolle un espaldarazo a provincia de Ourense”.

Neste senso Seara especificou que “ as 22 emendas están destinadas a cinco grandes áreas; infraestruturas, medio ambiente, agricultura, patrimonio cultural e turismo”.

Deste xeito, destacou na área de infraestruturas “unha partida de 3 millóns de euros para a Estación Intermodal do Ave en Ourense; 3 millóns de euros para a A-76 Ponferrada- Ourense; 8 millóns de euros para a reabilitación do Claustro de San Francisco e 4 millóns de euros para o Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia. Ademais destacou a emenda que destina 1 millón de euros para o Plan de Fomento da Estación de Manzaneda.

No que respecta ao medio ambiente a deputada destacou “dúas partidas orzamentaria de 1,5 millóns de euros cada unha para a mellora do Río Limia e do embalse das Conchas e a mellora do Río Miño e do Río Barbaña, respectivamente ”, ademais de outra de 350.000 euros para a recuperación do Parque Natural do Xures, do que lembrou “ foi moi castigado pola vaga de lumes nestes últimos anos”.

Seara fixo referencia aos sectores produtivos da provincia e puxo en valor unha partida orzamentaria de 1.2 millóns de euros para o Plan de Regadío da Limia, denunciando que “nestes orzamentos de 2012 non se recolle nin un só euros para dito plan”.

Neste senso, Seara dixo que “ademais nestas emendas recóllense outras demandas da nosa provincia como a rehabilitación do Castelo de Monterrei con 150.000 euros, un novo Plan Director para a Recuperación da Vía Romana Braga – Astorga con 100.000 euros ou un novo Cuartel da Garda Civil en Castro Caldelas con 200.00 euros.”

A deputada asegurou que “todas estas emendas presentadas son necesarias para a provincia de Ourense e son perfectamente asumibles pola súa cuantía polo que deben ser aprobadas polo goberno do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar