Os orzamentos para Traballo e Benestar constatan o fracaso do Goberno de Feijóo

Os orzamentos para Traballo e Benestar constatan o fracaso do Goberno de Feijóo

Os orzamentos para Traballo e Benestar constatan o fracaso do Goberno de Feijóo

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo cualificou os orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar como “a consolidación do fracaso do Goberno de Feijoo”. Coas cifras na man asevera que o gasto social cae na nosa Comunidade 4 veces mais que o orzamento xeral, e as persoas que afectadas pola dependencia aumentaron nun 400% dende a chegada de Feijoo. Dixo que estas contas supoñen a rendición de Feijoo.

A deputada fixo esta afirmación na Comisión 3º do Parlamento, trala presentación dos orzamentos por parte da Conselleira.

Na súa intervención ironizou felicitando á Conselleira de Traballo e Benestar por presentar os peores orzamentos da Historia do seu departamento “con tanta felicidade”.

Sestayo dixo que esta Conselleira amosa claramente o fracaso das políticas do Goberno de Feijoo, e a ausencia de proxecto en políticas sociais en Galicia. E tamén son un “fracaso palmario, para as persoas mais débiles da sociedade”, que o Goberno de Feijoo esquece. Por iso asegura que son o fiel reflexo do que é a dereita.

A deputada criticou a innumerable cantidade de plans e proxectos incumpridos por parte da Consellería. E aludiu ao Plan Concertado que acaba de ser recortado nun 80% para os concellos. Ademaisa sobre o anunciou dunha nova Lei para o Risga, a deputada dixo que é o terceiro anuncio da Xunta “mentres en Galicia seguimos coa mesma”.

No que se refire aos Plans de Inclusión Social a Xunta tamén anunciou “melloras”, pero advirte que suprimiron os Plans de Inclusión das grandes cidades e do Consorcio das Mariñas. Polo que atinxe aos anuncios de potenciación dos servicios públicos, denuncia que “privatizaron as infraestructuras sociais e os centros de día”. Ademais dixo que recortaron as prazas infantís.

Consorcio
Sestayo tamén aludiu ao recorte do servicio do Axuda á Domicilio para os concellos nun 80%, 35 mil millóns de euros menos para transferencias para as políticas sociais dos concellos. Sobre o Consorcio, Servicio Galego de Igualdade e Benestar, primeiro anunciaron que se suprimía, despois que se cambiaría, pero a día de hoxe segue minguando sen saber que vai pasar con esta axencia e reduciuse nun 20%. Por iso reclama coñecer en donde, cando e como se van as prazas de residencia que promete a Xunta.

Pensión Non Contributivas
Sobre o anuncio de Feijoo dunha PNC (Pensións non Contributivas), dixo que as pensións non contributivas baixan 500.000 euros. Lembrou que Touriño no ano 2008 creou este complemento.

Sestayo afirma que Feijoo “cargouse” o Programa de desenvolvemento do Pobo Xitano, o programa para a prevención da violencia escolar, os programas sociocomunitarios, o Plan de Maiores, Plan de Actuación Social ou Plan de discapacidade . E preguntoulle “dígame un so albergue ou centro de inclusión social publico que construirá co Goberno de Feijoo”. Asegura que a dependencia reduciuse nun 20%.

Acusou a Conselleira de deixar “tirado as persoas que non veñen nos orzamentos nin nas estatísticas”, como os enfermos de VIH, os drogodependentes, as persoas sen fogar ou as minorías étnicas. Dixo que o fracaso das persoas vulnerables significa o éxito da dereita. Os orzamentos para as actividades para a Xuventude caen 22.4% , e partida adicada a temas solidarios cae un 40.4%

Políticas activas de emprego un 82.5% menos
No que se refire ao emprego acusou a Xunta de destinar 1.060 euros por parado en 2009 a soamente 335 euros nestes orzamentos. Asegura que Feijoo dedica as políticas activas de emprego un 82.5% menos que no 2009, cun 52% mais de parados. Explica que diminúen as partidas para economía social e relacións laborais nun 54% menos, para seguridade e saúde laboral un 38% menos, para a contratación de desempregados e axentes de dinamización un 98% menos, fomento de contratación e estabilidade 97% menos e un 93% menos para a contratación de desempregados. Por iso preguntoulle como pode estar satisfeita con estes orzamentos.

Nin copagos nin privatizacións
E resumiu dende o PSOE non vamos a consentir nin copagos e privatizacións. E concluíu dende a chegada de Feijoo os mais débiles viven peor na nosa Comunidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar