Os orzamentos de Sanidade son submisos e sen ambición

Os orzamentos de Sanidade son submisos e sen ambición

Os orzamentos de Sanidade son submisos e sen ambición

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, desbotou hoxe os orzamentos da Consellería, que cualificou de “submisos e sen rumbo, de mero trámite burocrático”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro en Comisión para presentar as contas do próximo ano, que “obvian o grave problema de persoal e xoguetean coas infraestruturas”.

O responsable socialista reclamou un “plan de choque” para recuperar as condicións do persoal sanitario, apuntalando unha estabilidade laboral “fundamental para garantir un servizo de calidade” para os galegos e galegas. Explicou que que o incremento do 2 por cento nestas partidas é estrutural , xa que “non hai cambio na política de persoal, o que hai é un problema de persoal non asumido”.

A consecuencia, dixo, é que o goberno galego destine máis de 205 millóns de euros aos concertos coa sanidade privada, desoíndo as chamadas de atención do Consello de Contas, e “sorprendentemente asumen como un éxito que os orzamentos de 2018 sexan un corta e pega do ano anterior”. En segundo lugar, dixo, esta situación provoca unhas listas de espera sanitaria “inasumibles” para a cidadanía.

Advertiu que as previsións orzamentarias para 2018 demostran unha xestión que “navega con mal rumbo” ao renunciar ás posibilidades de endebedamento para mellorar a calidade da atención sanitaria. Criticou que os investimentos previstos para 2018 diminúan un 5,4 por cento, unha redución que mesmo chega ao 10 por cento “se quitamos o Hospital privado Álvaro Cunqueiro”.

En materia de infraestruturas, Torrado criticou o “descaro” da Consellería ao continuar anunciando os mesmos centros de saúde que levan prometendo dende 2016, cando “limítanse a orzamentar partidas xenéricas sen explicar a qué están dirixidas”. Sinalou que “tan só inclúen a referencia a Narón e ao Novo Barrio da Residencia”, mentres os demais son “fume”.

Lei de Saúde

Torrado comezou a súa intervención reclamando a retirada do anteproxecto da Lei de Saúde co que queren suprimir as áreas sanitarias de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras. Dixo que o goberno galego consolida a perda de servizos para estes centros, en prexuízo dos pacientes, que teñen que soportar que en Valdeorras unha cita para rehabilitación solicitada o 16 de agosto fora concedida para o 26 de novembro de 2018.

O mesmo sucede en Burela, onde o 24 de agosto solicitábase unha cita para cardioloxía concedida para o 8 de novembro de 2018, ou unha de dermatoloxía, solicitada o 1 de setembro que foi concedida para o 3 de maio.

Cualificou de “exercicio de covardía profunda” unha proposta de reforma presentada en pleno verán, vetando a continuación o debate no Parlamento e renunciando a comparecer para explicar a modificación. Esta, dixo, “nin foi proposta no seu programa electoral, nin foi presentada no debate de Investidura nin foi explicada polo conselleiro”.

Acusounos de reformar a norma “ás agochadas porque teñen mala conciencia”, evidenciando “pouquiña alma e pouco corazón” á hora de xestionar a sanidade pública “de forma ineficaz e ineficiente”. A pesares desta vontade escurantista, dixo, a reforma provocou máis de 1.500 alegacións e unha ampla mobilización nos centros afectados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar