Os orzamentos de Feijóo son unha "ferramenta fallida" contra a crise

Os orzamentos de Feijóo son unha "ferramenta fallida" contra a crise

Os orzamentos de Feijóo son unha "ferramenta fallida" contra a crise

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que os orzamentos da Xunta para 2013 constitúen unha “ferramenta fallida” de Feijóo para loitar contra os problemas fundamentais dos galegos e galegas. Advertiu que as contas non servirán pra reactivar a actividade económica e esquecen as políticas de impulso á creación de emprego como elemento central.

O responsable socialista advertiu que o PP mantén unha “axenda oculta” para artellar un “ataque despiadado aos servizos públicos fundamentais” e abrir a porta á privatización sistemática do sector público. Así o dixo antes de constatar un descenso do 40 por cento nas políticas activas de emprego a pesares de que o Goberno galego se enfronte a un escenario macroeconómico de incremento do desemprego.

Losada sinalou que Feijóo ten recortado 463,7 millóns de euros só nos capítulos de desenvolvemento empresarial, promoción de emprego, I+D+i, sanidade, educación e acción social. Esta cifra, que non inclúe o recorte groso en infraestruturas, evidencia “a falla de compromiso e de conexión coa realidade económica e das necesidades dos cidadáns” por parte do presidente da Xunta.

Explicou que este recorte “sobrepasa o obxectivo da solvencia” xa que para cumprir co obxectivo do 0,7 por cento de déficit bastaría cun recorte de 380 millóns, 80 menos dos que ten aplicado Feijóo. Sinalou que a realidade é que o PP busca “un cambio de modelo económico para competir vía salarios baixos e non vía innovación e competitividade”.

O parlamentario socialista cualificou os orzamentos de “operacións aritméticas baleiras” que agochan un “discurso político reaccionario”. Explicou que o anuncio de impoñer taxas “aos mais ricos” en lugar de aplicar impostos progresivos en función da renda “supón o renuncio ao reequilibro da riqueza”, xa que provoca “que as rendas mais altas abandonen os servizos públicos e estes acaban convertidos en beneficencia”.

Losada denunciou a existencia dun “buraco negro” na información ofrecida pola Xunta ao Parlamento sobre estes orzamentos, xa que o prazo para solicitar a devolución destas contas remata antes de que finalicen as comparecencias dos membros dos gobernos. Ademais, lembrou que Feijóo pretende substituír con estas comparecencias a obrigada presenza dos conselleiros logo do seu nomeamento na nova Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar