Os Orzamentos de Feijóo consolidan a desigualdade e "carecen de ideas novas para xerar riqueza e progreso"

Os Orzamentos de Feijóo consolidan a desigualdade e "carecen de ideas novas para xerar riqueza e progreso"

Os Orzamentos de Feijóo consolidan a desigualdade e "carecen de ideas novas para xerar riqueza e progreso"

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, dixo hoxe que os orzamentos a Xunta para o ano 2015 constitúen un “instrumento imprescindible para consolidar a desigualdade” na sociedade galega. Así o dixo no debate da emenda transversal coa que os socialistas galegos queren mobilizar 580 millóns de euros para impulsar un plan de emprego, apoiar ás empresas e mellorar as políticas sociais.

O responsable socialista criticou que o goberno galego presente un proxecto “carente de ideas novas para xerar riqueza e progreso” mais que para uns poucos “ricos que cada vez son mais ricos mentres o resto son cada vez mais pobres”. Advertiu que as rendas altas aumentaron o seu patrimonio un 19 por cento en menos dun ano, co que actualmente tan só 7.300 persoas acumulan o 55 por cento do PIB de toda Galicia.

Mentres, a pasividade da Xunta provocou que as empresas perderan o 25 por cento da súa capacidade de negocio, provocando que haxa hoxe 95.600 parados mais que en 2009, 151.200 ocupados menos, 87.800 familias con tódolos seus membros en paro, 33.000 fogares sen ningún tipo de ingreso e mais de 80.000 galegos e galegas leven mais de dous anos sen axudas.

González Santín advertiu que a sanidade pública ten perdido 358 millóns de euros e 2.000 postos de traballo dende o ano 2009, aos que hai que sumar as 275 camas de hospitais públicos que Feijóo ten pechado dende a súa chegada á Xunta, que fan insuficiente o aumento de 11 millóns para o próximo ano. O caso do ensino segue un proceso semellante, tendo perdido 350 millóns de euros e 1.200 profesores, o que fai o aumento de 1,5 millóns de euros para 2015 “moi insuficiente”.

Proposta

Os socialistas presentaron unha emenda transversal para incrementar os ingresos, reducir os gastos produtivos e aumentar o gasto social que acadaría a mobilización dun total de 586 millóns de euros co obxecto de reforzar as políticas sociais e a actividade económica dirixida á creación de emprego, que foi rexeitada polo PP.

O obxectivo é incrementar as partidas para un Plan de Emprego -192 millóns de euros-, apoio ao I+D+i -15 millóns-, o seguro de mal tempo e de accidentes do mar e para as mariscadoras -3,2 millóns-, a dinamización do sector industrial -35 millóns- ou o apoio ao pequeno comercio e a cultura -14,5 millóns-. Tamén propuxo dedicar 31 millóns de euros a investimentos sobre o territorio na loita contra a desertización do rural.

O responsable socialista propuxo aumentar os orzamentos de sanidade en 95 millóns de euros, os de educación en 50, ás partidas á universidade en 5 millóns de euros e conceder 1,4 millóns de euros adicionais á lingua. Ademais, reclamou un aumento de 170 millóns para gasto social e outros 22 para a prestación de servizos polos concellos.

Ademais, propuxo aumentar nun 50 por cento o orzamento do Consello de Contas para dotalo de mais medios na loita contra a corrupción. Trátase, explicou, dun incremento de tan só 3 millóns de euros, o 0,035 por cento do orzamento total da Xunta, que evidencia que “si non se fai é porque non se quere”.

Para mobilizar estas contías, González Santín reclamou o aumento de 364 millóns de euros de ingresos a base de aumentar impostos ás maiores rendas ou a mellora da capacidade recadatoria do goberno galego. Mentres, reclamou a redución de gastos de gabinete, persoal e propaganda, transferencias aos centros concertados que segregan por sexos, administración paralela e gastos inmateriais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar