Os Orzamentos de 2015 obvian o investimento, a sanidade e a educación e só medran os gastos da Xunta

Os Orzamentos de 2015 obvian o investimento, a sanidade e a educación e só medran os gastos da Xunta

Os Orzamentos de 2015 obvian o investimento, a sanidade e a educación e só medran os gastos da Xunta

José Luis Méndez Romeu anuncia unha emenda á totalidade contra uns orzamentos que manteñen a Galicia “na senda da crise”.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que os orzamentos da Xunta para o ano 2015 renuncian a impulsar o crecemento produtivo e a mellorar a protección social dos galegos e das galegas. Logo da entrega dos orzamentos na Cámara autonómica, o responsable socialista dixo que as contas de Feijóo provocarán que Galicia medre un 30 por cento menos que o resto do Estado.

O responsable socialista acusou ao Feijóo de presentar uns orzamentos para “manter a Galicia na senda da crise” renunciando ao investimento destinado a crear emprego e cercenando as partidas sociais. “Galicia medrará menos que a media do Estado e non vai saír axiña da crise”, concluíu en base a unhas previsións do goberno galego que, lembrou, non teñen en conta os constantes erros “á baixa” nas expectativas da Xunta.

Os socialistas galegos trasladaron a súa “fonda disconformidade” co proxecto de orzamentos e anunciaron unha “alternativa á totalidade” do proxecto de Lei presentado polo goberno galego. Advertiu ademais da “paradoxa” que supón que sexa a vicepresidencia a Consellería que mais medre, evidenciando que aumentan os gastos de funcionamento da administración pero que “non crean emprego nin investimentos”.

O Goberno galego, dixo, “non está preocupado polas condicións de vida dos galegos e das galegas e soamente lle preocupa unha actuación continuista de carácter burocrático de costas ás necesidades do crecemento real”.

Baixada nos orzamentos

Méndez Romeu desmentiu ao presidente da Xunta xa que, dixo, mentres Feijóo presume dun incremento dos orzamentos, os datos revelan unha baixada de 500 millóns de euros con respecto ao ano anterior.

Ademais, explicou que a diminución relativa do gasto financeiro –pago de intereses e amortización da débeda- non corresponde cun aumento do gasto non financeiro (produtivo), senón que os aproximadamente 60 millóns de euros, equivalerá ao pago por canon e taxas correspondentes ao futuro Hospital de Vigo.

O responsable socialista revelou un novo descenso “notable” no investimento produtivo dos orzamentos para o ano 2015, así como o gasto social, que xa acumula un descenso de cinco puntos con relación a 2009, e que suma “mais de 1.200 millóns de euros anuais que desapareceron do gasto social dos orzamentos” da Xunta dende a chegada de Feijóo.

Sinalou ademais que os novos beneficios fiscais limítanse a unha “mínima cifra” de 3 millóns de euros, coincidindo ademais co incremento notable do IRPF, o IVE, o IBI, as taxas e os prezos públicos, e cando “se anuncia unha rebaixa fiscal profundamente discriminatoria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar