Os orzamentos da Xunta para 2016, electoralistas e irreais

Os orzamentos da Xunta para 2016, electoralistas e irreais

Os orzamentos da Xunta para 2016, electoralistas e irreais

FacendaO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, cualificou de “electoralistas” e irreais os orzamentos para o ano 2016 presentados hoxe pola Xunta. Criticou que o goberno galego e o propio PP definira como realistas unhas contas que suman menos impostos -e polo tanto menos ingresos- e mais axudas -e polo tanto mais gastos-.

Advertiu que o goberno galego “anuncia rebaixas fiscais de entre 140 e 150 millóns de euros e reduce á metade o recurso á débeda ao tempo que aumenta as axudas”. Explicou que “a gran pregunta que nos facemos tódolos galegos é cómo se vai pagar isto, cómo van abordar este pago con menos recursos sen aumentar o déficit”.

O responsable socialista sinalou que “non cadran as contas, a non ser que fagan como outros anos e non executen o que orzamentan, ou que pase como co Goberno Central, que fai os orzamentos para 2016 e despois ven a UE a tirarlle das orellas e sinalar que non cadra o déficit”.

Así o dixo logo de coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do goberno para o próximo ano, e que serán presentados a continuación na Cámara autonómica, co que, dixo, “mañá veremos onde está a trampa que seguro que teñen estas contas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar