Os orzamentos da Xunta non solucionan os problemas dos galegos e persisten na austeridade fracasada

Os orzamentos da Xunta non solucionan os problemas dos galegos e persisten na austeridade fracasada

Os orzamentos da Xunta non solucionan os problemas dos galegos e persisten na austeridade fracasada

besteiroO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu hoxe que os orzamentos da Xunta para o ano 2015 “non van solucionar os problemas dos galegos e das galegas” ao persistir na liña de “austeridade fracasada” encetada polo goberno de Feijóo.

En resposta ás preguntas dos xornalistas, o líder dos socialistas galegos estimou excesivamente optimista o crecemento previsto do 2 por cento do PIB, unha previsión “fóra de contexto” logo de confirmar un erro do 25 por cento nas previsións para este ano 2014.

Gómez Besteiro dixo que o medre do teito de gasto tan só nun 0,5 por cento confirma que o goberno galego continúa nunha liña equivocada de austeridade que “cada vez menos persoeiros defenden”. Advertiu que os orzamentos da Xunta “non van afectar á vida das persoas nin a cambiar as necesidades de moitos cidadáns e cidadás de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar