Os Orzamentos da Xunta fracasan no impulso do crecemento e da creación de emprego

Os Orzamentos da Xunta fracasan no impulso do crecemento e da creación de emprego

Os Orzamentos da Xunta fracasan no impulso do crecemento e da creación de emprego

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou hoxe que os orzamentos da Xunta para o ano 2018 “fracasan á hora de impulsar o crecemento económico e a recuperación do emprego”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda na Comisión de Orzamentos, na que alertou dunha ralentización na recuperación económica de Galicia.

A responsable socialista explicou que mentres a economía medra un 4 por cento nominal, os orzamentos da Xunta redúcense un 2,35 por cento con relación ao consolidado de 2017, “o que se vai traducir nunha ralentización na recuperación económica”. Ademais, co crecemento do emprego previsto pola Xunta “non volveremos aos niveis de 2009 ata antes de 2024”.

Explicou que malia ao obxectivo previsto de crear entre 80.000 e 100.000 empregos nesta lexislatura cun PIB do 2,5 por cento, cun crecemento aínda maior do previsto, tan só conseguiron crear 14.600 empregos.

Sinalou a falla de iniciativas do goberno para mellorar os datos de emprego coñecidos hoxe, que evidencian que o número de ocupados medrou en Galicia un 1,38 por cento, a metade do 2,82 por cento rexistrado no conxunto do Estado. Mentres, os parados diminúen a menor ritmo que no conxunto do Estado, cando máis da metade das familias galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes -52 por cento-.

Rodríguez Rumbo sinalou aos baixos datos de execución orzamentaria no terceiro trimestre de 2017, que provocan “un crecemento insuficiente e desigual” e explican o mal comportamento da creación de emprego de Galicia. Advertiu que a Xunta deixou sen investir 263 millóns de euros do programa de Promoción do emprego, no que só executaron o 25,1 por cento.

Criticou que o crecemento rexistrado supón o incremento do emprego precario e polo tanto dos traballadores pobres, das familias con dificultades para chegar a fin de mes, e aínda hai 61.700 familias con tódolos seus membros en paro, o que evidencia que o emprego “non é unha prioridade para este goberno”.

Incendios

Begoña Rodríguez Rumbo criticou que esta falla de execución “algo terá que ver cos resultados por non ter sido capaz de aplicar as medidas preventivas e a ordenación do monte” fundamentais fronte aos incendios. Sinalou que o goberno galego tan só executou un 48,9 por cento do orzamento do dito apartado de Accións Preventivas e Infraestrutura Forestal, e un 36,8 por cento de Ordenación das Producións Forestais.

Advertiu que o goberno galego, en plena Lexislatura do Medio Rural anunciada por Feijóo, deixa sen executar 330 millóns de euros correspondentes á Dinamización Económica do Medio Rural. Esta mesma partida redúcese un 9,26 por cento para o próximo ano, mentres a Axencia Galega de Emerxencias diminúe un 11,24 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar