Os orzamentos da Xunta deben servir para comezar a recuperar dereitos, servizos e emprego de calidade

Os orzamentos da Xunta deben servir para comezar a recuperar dereitos, servizos e emprego de calidade

Os orzamentos da Xunta deben servir para comezar a recuperar dereitos, servizos e emprego de calidade

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe ao presidente da Xunta a facer valer a súa promesa de diálogo social e político e abra os Orzamentos para o próximo ano ás emendas socialistas dirixidas a recuperar dereitos, servizos e emprego de calidade. Así o dixo logo dunha xuntanza co secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, para analizar a situación socioeconómica e laboral de Galicia.

Apostou por centrar a Lexislatura que comeza na “recuperación dos dereitos perdidos, dos servizos públicos perdidos e do emprego de calidade, que se ten convertido nunha rareza nestes tempos”. Dixo que de manterse as taxas de crecemento do 3 por cento que rexistran as economías nacional e galega, é o momento de recuperar o terreo perdido logo de oito anos de deflación salarial e austeridade lesivos para os dereitos sociais.

O responsable socialista demandoulle así ao goberno galego un “notable incremento dos contratos públicos estables”, nomeadamente na sanidade e na educación dende o primeiro momento co obxectivo de rematar a Lexislatura cunha recuperación sensible nos niveis dos servizos públicos. Sinalou ademais á necesidade de reducir as desigualdades sociais a través de mecanismos como a Risga.

Fernández Leiceaga demandou o comezo do diálogo social coas organizacións sindicais e o político, rematando coa estratexia de rexeitamento en bloque de tódalas propostas da oposición, aceptando as emendas dirixidas ao reforzo das políticas activas de emprego, a restauración das políticas sociais e o reforzo dos servizos públicos básicos.

Os socialistas galegos coincidiron co sindicato na preocupación sobre a política industrial, e sinalaron a necesidade de reforzar o Igape como instrumento fundamental de apoio ás empresas, así como o impulso de aspectos como o I+D+i, o solo industrial ou medidas dirixidas a incrementar a competitividade empresarial. Amosaron a súa preocupación pola deslocalización das empresas auxiliares do automóbil e a situación de empresas en dificultades.

Goberno en minoría

O portavoz socialista mirou cara Madrid para reclamar que o goberno asuma a súa posición minoritaria e respecte a vontade construída a partir das maiorías parlamentarias, decididas a dar marcha atrás á Lei Mordaza, acadar unha suba das pensións ou do salario mínimo interprofesional.

Advertiu fronte ao “desafío aos valores democráticos” que supón a estratexia política do PP “vetando dende o Goberno que o Parlamento poida promulgar leis”, e remachou que “non me podo imaxinar que a súa estratexia pase por impedir as decisións lexislativas defendidas pola maioría” da Cámara.

Os socialistas pecharon hoxe a rolda de encontros coas principais forzas sindicais galegas nun encontro no que ademais de Fernández Leiceaga e de Gómez, estivo a portavoz de Política Social e Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar