Os Orzamentos para 2018 son pouco ambiciosos e carentes de proxecto

Os Orzamentos para 2018 son pouco ambiciosos e carentes de proxecto

Os Orzamentos para 2018 son pouco ambiciosos e carentes de proxecto

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe da “falla de ambición” e “carencia de proxecto” que destilan os orzamentos da Xunta para o próximo ano, entregados hoxe na Cámara autonómica. O responsable socialista apuntou que o incremento do 2,9 por cento é notablemente menor ao crecemento da economía, que se sitúa nun 5 por cento nominal.

Logo da Xunta de Portavoces que fixou o calendario de trámite parlamentario dos Orzamentos, Fernández Leiceaga lamentou “unha oportunidade perdida” para aproveitar a recuperación económica. En lugar diso, engadiu, a Xunta reduce os ingresos en relación co PIB, o que fai que a recuperación económica “non se traslade á capacidade de actuación da Xunta”.

Isto deriva explicou, da paralización da reforma do modelo de financiamento autonómico, e dun “clientelismo fiscal” que o que fai é “reducir o músculo financeiro do goberno galego”. O Executivo autonómico, dixo, reduce a carga financeira de “determinadas persoas, para os que será unha decisión acertada, pero que non ten efecto no ben común” ao reducir a capacidade de gasto.

Ademais, engadiu, os Orzamentos do goberno galego evidencian que “falta proxecto político” cunha primeira consecuencia na previsión “absolutamente insuficiente” de creación de emprego. Fernández Leiceaga explicou que, ao ritmo previsto, serán necesarios seis anos máis, ata 2024, para acadar o nivel de emprego de 2009, co que “teremos 15 anos perdidos para volver ao mesmo sitio” de cando chegou Feijóo á Xunta.

Recuperación insuficiente de servizos públicos

Tamén suspende as contas para o próximo ano cunha recuperación “moi insuficiente” dos servizos públicos básicos, que carecen de nada que se asemelle a un plan de mellora, agás “parches limitados”. Feijóo, dixo, “renuncia a impulsar a recuperación de investimento público necesario para modernizar Galicia”.

“Necesitamos máis músculo tamén nas infraestruturas, a creación de solo industrial competitivo, I+D+i ou para as universidades”, o que en definitiva supón investimento en capital humano, incluíndo a política de formación de traballadores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar