Os novos conselleiros de Facenda e Educación supoñen "un paso mais na política continuista" da Xunta

Os novos conselleiros de Facenda e Educación supoñen "un paso mais na política continuista" da Xunta

Os novos conselleiros de Facenda e Educación supoñen "un paso mais na política continuista" da Xunta

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou hoxe que os dous novos conselleiros nomeados por Feijóo para substituír aos candidatos ás eleccións municipais supoñen “un paso mais nunha política continuista”. Advertiu que “non é previsible, nin polo perfil das persoas nomeadas nin pola posición do presidente da Xunta, que se poidan producir novidades relevantes”.

Lamentou o inmobilismo demostrado por Feijóo diante das “demandas sociais” que reclaman “cambios de rumbo” inmediatos na acción de goberno. Polo contrario, “problemas hainos, son serios pero non parece que este goberno teña a vontade de cambialos”. Feijóo, dixo, “confirma cada día que ten esgotado xa o seu proxecto político e os conselleiros están limitados á xestión administrativa dos asuntos cotiáns”.

A esta liña responde o nomeamento do novo conselleiro de Facenda, un funcionario da administración subordinado ao presidente da Xunta que “non é previsible que vaia abordar os grandes temas pendentes”. Aludiu así á reforma do financiamento autonómico, adiado polo PP ata despois das execucións xerais.

Engadiu que “un conselleiro por el só non vai variar o baixo nivel de execución orzamentaria” ao ser unha “decisión política” que está a afectar ás áreas que mais inciden na actividade económica. Ademais, concluíu, o baixo nivel de investimentos “figura no orzamento da Xunta e tampouco vai ser modificado”.

O novo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ata agora portavoz do Grupo Parlamentario do PP, posúe “coñecemento dos asuntos e da posición dos grupos da oposición”, si ben tampouco semella ter intención de afrontar os problemas que afectan ao seu novo departamento.

Apuntou que “se ten dúbidas” sobre a situación da cultura, da lingua ou da educación, “aí ten as declaracións dos reitores universitarios sobre financiamento ou reforma da estrutura das carreiras, a crise do ensino obrigatorio pola política de recortes, a desaparición da política cultural no país, ou a chamada de alerta do presidente da RAG sobre a situación da lingua”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar