Os mariñeiros galegos en buques galegos con bandeira francesa, obrigados a cotizar en Francia

Os mariñeiros galegos en buques galegos con bandeira francesa, obrigados a cotizar en Francia

Os mariñeiros galegos en buques galegos con bandeira francesa, obrigados a cotizar en Francia

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias diante da obriga das autoridades francesas a que os tripulantes de barcos galegos abandeirados en Francia se dean de alta e coticen no Établissement National Invalides de la Marine.

Esta decisión afectaría a en torno a 500 tripulantes galegos que verían reducidos os seus ingresos na súa xubilación, e advirte que “nin o goberno da Xunta de Galicia nin o Estado teñen amosado a máis mínima preocupación” diante desta situación.

Val lembra que de acordo coa normativa comunitaria, un traballador que desenvolve a súa actividade nun barco abandeirado nun Estado Membro pero cobra doutro país no que tamén reside “debe de cotizar a tódolos efectos neste último” (art. 1.1 Rto 883/2004).

A pesares desta normativa, as autoridades francesas están a esixir que os mariñeiros galegos se dean de alta antes do próximo 15 de xaneiro, polo que lle reclama ao Goberno galego que se dirixa ao goberno do Estado “para impedir que as autoridades francesas obriguen aos tripulantes españois embarcados en buques abandeirados nese país a cotizar no ENIM”.
Pesca_Flota_Barcos

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar