"As decenas de hectáreas queimadas en Galicia son consecuencia da falta de investimento en prevención"

"As decenas de hectáreas queimadas en Galicia son consecuencia da falta de investimento en prevención"

"As decenas de hectáreas queimadas en Galicia son consecuencia da falta de investimento en prevención"

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, afirmou que se o Goberno galego tivera investido máis en prevención non se terían producido lumes como o de Cualedro desta fin de semana.

O deputado do PSdeG dixo que “ao igual que a conselleira, non creo en casualidades”. García, en declaracións feitas aos medios hoxe, chama a atención sobre o feito de que “se vemos o mapa de incendios, observamos que os lumes prodúcense onde hai comarcas desérticas, e onde non existe actividade agrogandeira, nin se fixa poboación”.

Para o parlamentario socialista, “non pode ser unha casualidade” que si temos 2000 hectáreas sen ningún tipo de prevención, de cortalumes, sen franxa que rompa a vexetación, efectivamente “como di a conselleira non é casualidade  que acaben ardendo”, máis alá de que sexa este ano, o pasado ou o que ben.

Polo tanto, “se non investimos en prevención, e é o que este Goberno non acaba de entender, - denuncia García - é moi difícil que a pesares dos medios que teñamos se poida extinguir o lume”. Para o socialista, se temos 2000 hectáreas ardendo e franxas de lume de 9 quilómetros, “é porque ese terreo non está suficientemente xestionado como para dicir que haxa prevencións, senón esas condicións non se poderían dar.

Adiantou Pablo García que atoparémonos en condicións peores se o clima sigue así. “Situacións onde os medios non cheguen para garantir a extinción, e veremos, como o outro día que se fará necesaria a intervención dos veciños”, criticou.

Insistiu o deputado socialista nos medios. Sigue habendo brigadas de 1 e 2 persoas. A consellería segue sen contratar ao persoal que está na lista da Xunta e contrata a través de TRAGSA ou de SEAGA, pero as brigadas nin están completas nin cumpren o papel que tiñan que cumprir.

Denunciou tamén que “o sistema está fallando”. A consellería ven de devolver parte dos fondos que lle sobraron polo desinterese dos concellos nos convenios de prevención. Un millón cincuenta mil euros. Acusou a Rosa Quintana de “sacar cartos de previr para extinguir”. “Empezaremos a controlar os incendios na medida en que se invista máis en prevención e menos en extinción”, propuxo o parlamentario socialista.

Respecto aos lumes, García asegura que ninguén discute se son ou non provocados, “non teño datos” para afirmalo ou negalo. Pero afirma que se as hectáreas de monte están suficientemente “previdas”, si o monte está coidado, hai cortalumes, é imposible que haxa nove quilómetros de fronte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar