Os indecisos saben que escollen entre os recortes e privatizacións de Feijóo e os servizos sociais públicos e de calidade que garante o PSdeG

Os indecisos saben que escollen entre os recortes e privatizacións de Feijóo e os servizos sociais públicos e de calidade que garante o PSdeG

Os indecisos saben que escollen entre os recortes e privatizacións de Feijóo e os servizos sociais públicos e de calidade que garante o PSdeG

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse hoxe aos galegos e galegas que aínda non teñen claro o seu voto para pedirlles o seu apoio para “escoller o camiño do reforzamento dos Servizos Sociais”. Así o dixo logo dunha visita ao Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade –Cermi Galicia- xunto co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

O candidato socialista dirixiuse aos indecisos que, dixo, “saben que o hai dúas opcións, o camiño dos recortes e privatizacións de Feijóo ou o dos servizos sociais públicos”. Dixo que “ofertas políticas como a do PSdeG garanten que este segundo camiño é efectivo, que vamos a estar á altura e seremos capaces de impulsar o camiño que queren a maioría dos galegos e das galegas”.

Fernández Leiceaga aproveitou a visita ao Cermi Galicia para centrar a atención nas propostas dos socialistas galegos en materia de política social, anunciando unha Lei do Terceiro Sector de Galicia que garanta cobertura legal e un financiamento estable para as entidades sociais.

Sinalou que “non é razoable que cada ano dependan de cándo se aproben ou non os convenios para desenvolver unhas actividades que son permanentes e estables”. Propuxo “unha relación financeira e orzamentaria estable de colaboración con estas entidades”.

Lei de Dependencia

O candidato socialista criticou a paralización da Lei de Dependencia e da Autonomía Persoal por parte dos gobernos do PP, que “deixa sen cumprir as esixencias en materia de accesibilidade ao transporte público”, así como a inserción e integración social a través do ensino, no medio rural ou na sanidade. Explicou que estas eivas deberán ser resoltas reforzando as plantillas de profesores nas escolas ou na sanidade pública.

Xoaquín Fernández Leiceaga reclamou que o goberno galego explique o grao de cumprimento da Convención da ONU de Persoas con Discapacidade “e a partir de aí desenvolver unha Estratexia Galega de Promoción da Autonomía Persoal” de acordo coas entidades representantes do terceiro sector.

Fernández Leiceaga e Pedro Sánchez mantiveron hoxe un encontro de traballo cos membros do Cermi Galicia, ao que asistiron representantes de entidades como Fagal, Cogami, Faxpg, Fademga, Ince, Feafes Galicia, Fegadace, Down Galicia, Autismo Galicia ou Aspace Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar