Os incendios forestais, testemuña do fracaso da política de ordenación e conservación dos montes da Xunta

Os incendios forestais, testemuña do fracaso da política de ordenación e conservación dos montes da Xunta

Os incendios forestais, testemuña do fracaso da política de ordenación e conservación dos montes da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe que os incendios forestais son “testemuña do fracaso na política de ordenación e conservación dos montes” por parte da Xunta de Galicia, e que “amosa as limitacións na súa política de prevención e control dos lumes”.

Así o dixo durante a sesión de control ao presidente da Xunta, na que Feijóo lle confirmou aos socialistas galegos unha futura comparecencia sobre a vaga de incendios, e que o portavoz socialista reclamou que se produza no contexto dun Pleno Extraordinario a próxima semana.

Fernández Leiceaga advertiu que “estamos nas mans da seca, do vento, da calor e da chuvia, e isto non pode ser”, antes de subliñar a solidariedade dos socialistas galegos con “tódalas vítimas dos incendios”, polos danos persoais e materiais que están a producir. Tamén sinalou a “todos aqueles que están loitando contra os lumes, dando o seu apoio e traballo moitas veces silencioso”.

Protesta formal

O responsable socialista anunciou unha protesta formal á Mesa do Parlamento pola xestión do Pleno do Parlamento de hoxe, na que o presidente permitiu unha alteración de facto na orde do día deixando a algúns portavoces da oposición utilizar a sesión de control para interpelar ao presidente da Xunta sobre a vaga de lumes.

Lembrou que a Xunta de Portavoces impediu a comparecencia do presidente da Xunta, onte foille retirada a palabra a tódolos deputados que falaron sobre incendios para hoxe deixar intervir sen problemas a algúns deles deixando aos demais nunha situación de “indefensión”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar