Os impostos cero no rural, un anuncio "inútil e irrelevante" de Feijóo

Os impostos cero no rural, un anuncio "inútil e irrelevante" de Feijóo

Os impostos cero no rural, un anuncio "inútil e irrelevante" de Feijóo

vacasO portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, tildou hoxe de “inútiles” as medidas fiscais para o rural propostas por Feijóo no último debate do Estado da Autonomía e incluídas na Lei de Acompañamento aos orzamentos. García presentou unha pregunta ao goberno na sesión plenaria sobre o “anuncio publicitario” de impostos cero no rural.

Sinalou que este anuncio, que supostamente beneficiaría ao cen por cen das explotacións prioritarias, xa estaba incluído nunha Lei de 1995 e beneficiaba ao 98 por cento. criticou ademais o incremento das partidas para concentracións parcelarias de 16 a 22 millóns de euros, o que “non supón ningunha aposta relevante”, e ademais está “chamada ao fracaso”, dixo, ao lembrar que “tódalas concentracións que coñezo están paralizadas”.

Algo semellante sucede, dixo, coa exención do imposto de transmisións de terreo rústico inter vivos, a única medida novidosa pero que “resulta totalmente estéril”. Explicou que os propietarios que queiran terreo rústico para producir xa están incluídos na exención de explotacións prioritarias, mentres “ninguén mais vai adquirir terreo rústico para outra actividade, xa que non é edificable”.

O deputado socialista censurou unhas medidas “propias dun goberno que vive a golpe de anuncios e que segue sempre a máxima de que nunca a verdade poida estropear un titular”. Advertiu do “escaso rigor” dun presidente que “cada rolda de prensa e cada debate de política xeral está obrigado a presentar unha ocorrencia que despois queda en nada”.

O único competente, dixo, foi o conselleiro de Facenda que “autorizou a facer un anuncio deste tipo porque non suporía absolutamente nada para as arcas públicas”, e que “o único que fixo foi vir hoxe a ler un papel cun simple valor publicitario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar