Os enganos sobre o plan eólico de Feijóo constitúen unha falla de respecto aos cidadáns

Os enganos sobre o plan eólico de Feijóo constitúen unha falla de respecto aos cidadáns

Os enganos sobre o plan eólico de Feijóo constitúen unha falla de respecto aos cidadáns

eolicoO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao goberno galego de “faltarlle ao respecto aos cidadáns” cos seus “enganos sobre un Plan Eólico fallido e inexistente”. Losada presentou unha interpelación sobre o “fiasco” dunha iniciativa de Feijóo que “ía crear 14.000 empregos e acadar 6.000 millóns de euros de investimento e quedou en nada”.

O responsable socialista equiparou este Plan Eólico co “engano masivo cos contratos de Pemex” para o naval galego, nesta ocasión tendido como “un manto de publicidade e propaganda para agochar a catastrófica paralización do Plan Eólico” do goberno bipartito por un “motivo estritamente ideolóxico: a alerxia á participación pública do PP”.

Lembrou que dita paralización provocou o afundimento do sector eólico galego pola supresión das primas ás enerxías renovables polo goberno de Rajoy, un “ataque furibundo que agora intentan corrixir”. Denunciou que o único que lles preocupa é garantir os 7.000 millóns de euros de beneficios anuais das grandes eléctricas “mentres se resisten como gato panza arriba a axudar ás familias en situación pobreza enerxética”.

Abel Losada acusou ao goberno galego de negarse a entregar a información sobre o desenvolvemento do Plan Eólico porque “non hai ningún novo parque eólico previsto, e ningún en fase de construción”. Esa é a explicación, dixo, de que a Xunta dea a calada por resposta cando os socialistas lle reclaman por escrito o calendario de inauguracións e os investimentos previstos.

Dixo que o anuncio do conselleiro, que estima que un 87 por cento dos plans industriais están en marcha, resulta “unha nova mostra da realidade virtual” na que vive o goberno galego, mais preocupado de “facer negocio eólico sen saír do despacho dende os tempos de Fraga”. Fixo alusión así ao último director xeral de Enerxía de Fraga, Ramón Ordás, imputado por conceder licenzas de parques eólicos ao seu propio cuñado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar