Os doentes psiquiátricos, abandonados polo goberno galego e almacenados en residencias da terceira idade

Os doentes psiquiátricos, abandonados polo goberno galego e almacenados en residencias da terceira idade

Os doentes psiquiátricos, abandonados polo goberno galego e almacenados en residencias da terceira idade

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe á Xunta de Galicia de deixar “abandonados” aos pacientes psiquiátricos logo do desmantelamento dos “obsoletos manicomios”. Acuña presentou unha proposición non de Lei para pedir unha inspección das residencias da terceira idade nas que se atopan “almacenados”, que foi vetada polo PP.

Acuña acusou ao PP de negarse a esta inspección para “evitar que comprobemos que non contan coas infraestruturas nin co persoal necesario e formado para prestar unha atención adecuada a estes pacientes”. Alertou do risco de que se repitan casos como o da enferma da residencia de Mondoñedo que se suicidou provocando o seu atragoamento, un suceso que resulta “frecuente e predecible” en persoas coa súa doenza.

Reclamoulle ao goberno galego que “non se desentenda destes doentes, que teñen todo o dereito a ser atendidos, ao igual que o resto das persoas”. Criticou que o único cambio que ten feito a Xunta foi “cambiar un papel para permitir o ingreso de persoas máis mozas nas residencias da terceira idade”, nas que permanecen “encerradas e abandoadas á súa sorte” sen medios nin persoal acaídos.

Sinalou que esta situación constitúe un síntoma da xestión que está a facer a Xunta coa atención a estas doenzas, logo de facer desaparecer o Plan de Saúde Mental, abandonando o Plan de Suicidios no máis duro da crise económica e coas cifras de autolisis disparadas, ou desmantelando as unidades de Psicoxeriatría.

Carmen Acuña advertiu do baixo número de profesionais de saúde mental, moi por debaixo das ratios recomendadas, con 2,3 psiquiatras por cada 100.000 habitantes, case unha terceira parte dos 6 por 100.000 recomendados, 1,2 psicólogos por cada 100.000 –o mínimo recomendado é de 4-, e 0,86 enfermeiros especializados fronte aos 3 requiridos.

Iniciativa

A deputada socialista presentou na súa iniciativa as demandas do Movemento Galego de Saúde Mental, que foron rexeitadas polo PP. A través desta proposición non de Lei, reclamaba plans periódicos de inspección nas residencias da terceira idade onde foran trasladados enfermos psiquiátricos crónicos para garantir que se cumpran os requisitos para o seu tratamento.

Tamén demandaba que Inspección Sanitaria realice o seguimento destes enfermos psiquiátricos trasladados a residencias da terceira idade, e a elaboración dun censo e un plan de seguimento daqueles doentes “dinámico, segundo vaia sendo o seu número e necesidades”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar