Os doentes de hepatite C necesitan solucións urxentes

Os doentes de hepatite C necesitan solucións urxentes

Os doentes de hepatite C necesitan solucións urxentes

VacinaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta garanta aos doentes a medicación contra a hepatite C prescrita polos seus médicos. A responsable socialista trasladou á Cámara autonómica as demandas presentadas pola Plataforma de afectados na súa xuntanza cos grupos parlamentarios a pasada semana.

Acuña reclámalle á Xunta que garanta o acceso ás novas terapias para os doentes de hepatite C que o precisen de acordo cos seus especialistas. Esixiu así que os gobernos central e autonómico “dispoñan os recursos que sexan necesarios para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación Española para o Estudo do Fígado”.

Explicou que hoxe se calcula que necesitan tratamento urxente en torno a 3.000 persoas en toda Galicia que padecen os estadios mais avanzados dunha enfermidade que afecta a 30.000 persoas nesta Comunidade Autónoma. Acuña respaldou as demandas da Plataforma, que pensan que o feito de non dispor do antiviral adecuado “supón a súa sentenza de morte”.

A iniciativa socialista reclama ademais que a Xunta “adopte as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lle sexa prescrita polos médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde de xeito inmediato á súa prescrición”.

Curación

Acuña lembrou que co tratamento adecuado se pode curar unha enfermidade que padecen 30.000 galegos e galegas, e dos que se estima que morren cada ano 500. Sinalou que a propia ex ministra de Sanidade, Ana Mato, anunciara en Galicia que o tratamento sería aplicado a partires de outubro, sen que teñan comezado a día de hoxe.

Reclamoulle unha “mensaxe de esperanza” para os milleiros de galegos e galegas que padecen esta enfermidade e que “non entenden por qué” o goberno non inviste os seus orzamentos cando “hai xa ata 3 medicamentos que, si se aplican, os doentes viven”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar