Os despidos de Meteogalicia a debate no Parlamento

Os despidos de Meteogalicia a debate no Parlamento

Os despidos de Meteogalicia a debate no Parlamento

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, reclamou hoxe á Xunta que explique cómo pensa garantir un servizo meteorolóxico de calidade en Galicia logo de ter reducido a plantilla de Meteogalicia “a golpe de despido” por parte da Consellería de Medio Ambiente.

Advirte que a diminución de persoal de Meteogalicia supón un recorte de servizos aos cidadáns porque resulta “imposible que con 7 persoas menos se faga o traballo que se viña realizando en condicións de calidade”. Advirte que as consecuencias estanse a notar coa desatención absoluta ao proxecto RAIA e a predición elaborada para as confrarías de pescadores.

Outra das consecuencias destes despedimentos é que as 150 estacións que conforman a rede de datos de Meteogalicia terá só unha persoa para analizar a calidade e controlar os datos, ou que en predición numérica “só queden dúas persoas para atender un servizo que se encarga de facer os modelos meteorolóxicos imprescindibles para que os predictores poidan informar da previsión do tempo”.

Gallego salienta a importancia do servizo ofrecido por Meteogalicia, que ademais das predicións meteorolóxicas presta “un importante servizo para previr vagas de calor ou de temporais” que prevén o risco de incendios e afectan aos servizos de sanidade ou de educación. Sinalou tamén a “especial información de fenómenos meteorolóxicos adversos para evitar emerxencias” como sobre o estado do mar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar