Os deputados socialistas galegos critican que Rajoy trasladase o seu discurso triunfalista tamén a Galicia

Os deputados socialistas galegos critican que Rajoy trasladase o seu discurso triunfalista tamén a Galicia

Os deputados socialistas galegos critican que Rajoy trasladase o seu discurso triunfalista tamén a Galicia

Guillermo Meijón: "Rajoy só mira a Galicia como lugar de veraneo"

Os deputados socialistas galegos critican que, no Debate do Estado da Nación, "Rajoy trasladou tamén a Galicia o seu discurso triunfalista dun mundo de cor de rosa".

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, cualifica este Debate como "frustrante e decepcionante para Galicia".

Así, sinala que "co seu discurso, Rajoy confirmou que o seu goberno continuará cunha política de abandono ás necesidades reais da nosa comunidade autónoma". "Unha política afastada da realidade cotiá dos galegos e as galegas e que en absoluto contribuirá a paliar a carencia de emprego que azouta Galicia" -afirma.

"Rajoy só mira a Galicia como lugar de veraneo" -apunta Meijón. "Parece que nada ten que dicir sobre o seu proxecto para desvalorizar as características de alta velocidade da AVE a Galicia, nin sobre o Eixe Atlántico, nin sobre as deficiencias nas infraestruturas galegas,".

"Pero aínda é peor" -engade o deputado socialista. "Nin unha frase que apunte que os galegos e galegas deixarán de sufrir unha alta taxa de desemprego e uns duros recortes sociais que en moitos casos son aínda máis virulentos en Galicia pola súa dispersión xeográfica e a súa alta taxa de poboación envellecida". "Nin unha palabra para os afectados polo engano das preferentes en Galicia" -lamenta.

Meijón critica que, non obstante, "o galego Rajoy gabou unha repartición de fondos da Política Agraria Común que é lesivo para o sector agrogandeiro de Galicia e enxalzou unha política do Goberno, o seu Goberno, que está a destruír o sector naval galego, especialmente en Ferrol,". "Rajoy presentouse sen solucións para o dique flotante en Ferrol" -remarca.

Ademais, o coordinador dos socialistas galegos lamenta que "o propio Rajoy escenificou hoxe o maltrato do Goberno do PP aos galegos retornados do exterior, que á súa volta se está a tratar cruel e inxustamente como delicuentes,"

"En definitiva un discurso falso e autocompracente, de todo incomprensible para os cidadáns" -indica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar