Os deputados socialistas galegos critican a suba das peaxes na AP-9

Os deputados socialistas galegos critican a suba das peaxes na AP-9

Os deputados socialistas galegos critican a suba das peaxes na AP-9

Denuncian que "Pastor non só sobe a peaxe da AP-9 senón que atrasa sine die a autovía gratuíta alternativa"

Os deputados socialistas galegos no Congreso reproban o "flagrante incumprimento do PP das súas promesas electoralistas, tamén coa AP-9".

Guillermo Meijón e Carmela Silva critican a nova suba das peaxes da AP-9 e recordan que a Ministra Pastor, nun acto electoral en Vigo en outubro de 2012, "lamentaba" o importante custo da peaxe da AP9 entre Pontevedra-Vigo e "presumía" das partidas que o Goberno do PP incluíra nos Presupostos Xerais do Estado para, entre outras actuacións, a circunvalación de Pontevedra, a autovía alternativa á ponte de Rande, á-57 e a conexión desta coa autoestrada.

"A pesar dos lamentos e as promesas da Ministra -sinalan- Pastor deixou sen executar os 6 millóns de euros presupostados para a autovía gratuíta alternativa a AP-9". "Eses 6 millóns non executados polo Goberno do PP -apuntan- son os mesmos que de novo aparecen nos PGE 2014 e cuxa execución está por ver, a teor do grao de cumprimento da Ministra co que promete,".

Así, denuncian que "Pastor non só sobe a peaxe da AP-9 senón que, ademais, atrasa sine die a autovía gratuíta alternativa; unha iniciativa que impulsou o Goberno Socialista".

Os socialistas galegos destacan que "a AP-9 é un grande eixe vertebrador de Galicia, de modo que constitúe o gran vial que existe no corredor Atlántico na Comunidade Autónoma galega" e resaltan que "non obstante, este grande eixe non conta con alternativas na maioría dos seus tramos".

Deste modo, indican que "a ministra Pastor tamén atrasa ano tras ano a data de finalización do Eixe Atlántico ferroviario A Coruña-Vigo, especialmente no seu tramo sur Santiago-Vigo, que sería a alternativa por tren á AP-9,".

Recordan así mesmo que "foi o Goberno do PP, con Aznar á fronte, quen ampliou en 25 anos a concesión da autoestrada AP-9, ata 2048,".

Respecto á credibilidade de Pastor, inciden en que "é a mesma ministra que en 2011 confirmou que non habería implantación do copagamento e que as políticas de austeridade non afectarían a educación, sanidade e dependencia".

"Con Rajoy, non fixeron máis que crecer os copagamentos aos que teñen que facer fronte os cidadáns". "O incremento das peaxes é outro machadazo que sumar á suba da luz, ao copagamento farmaceútico, á rebaixa das pensións, ao desmantelamento da dependencia....etc."-consideran

"O problema é que sempre pagan os mesmos, os cidadáns da pé" -engaden.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar