Os deputados galegos no Congreso critican que "o PP ratifique cos Orzamentos o seu desprezo a Galicia"

Os deputados galegos no Congreso critican que "o PP ratifique cos Orzamentos o seu desprezo a Galicia"

Os deputados galegos no Congreso critican que "o PP ratifique cos Orzamentos o seu desprezo a Galicia"

O coordinador dos socialistas galegos, Guillermo Meijón, critica que "o PP converteu outra vez a súa maioría absoluta en absoluta cerrazón para aprobar calquera emenda que, como as presentadas polo PSOE, redunden en melloras para Galicia"

O coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Guillermo Meijón, lamenta que "o rodillo parlamentario do PP atropelou de novo os intereses de Galicia co voto negativo do grupo maioritario a TODAS as enmendas que desde o PSOE tiñamos presentadas para Galicia, do mesmo xeito que fixo coa prácticamente todas das do resto de grupos da oposición".

Meijón critica que "o PP escenificou hoxe no Congreso e ratificou cos Orzamentos Xerais do Estado 2015 o seu desprezo cara a Galicia". Deste xeito, reproba que "o PP segue instalado no seu solitario e frío monólogo, e na súa absoluta cerrazón a aceptar prácticamente calquera enmenda da oposición, froito da súa ríxida maioría absoluta".

O deputado galego incide en que "a política continuista do PP instalada no austericidio levoulle hoxe a rexeitar enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado para Galicia de gran calado cuxa aprobación era necesaria para satisfacer as necesidades da CCAA" respecto de infraestructuras, emprego e políticas sociais.

"As enmendas do PSOE para Galicia pretendían asegurar o investimento en infraestructuras que son imprescindibles para a vertebración territorial de Galicia, así como na xeración de emprego e a dinamización económica dos seus sectores produtivos".

Foron máis de 200 enmendas específicas para Galicia, cun valor global de máis de 400 millóns de euros, as que os socialistas galegos intentaron introducir nos Orzamentos do Estado a través do Congreso e do Senado. Entre outras, de 50 millóns para un Plan de Emprego, 25 millóns de euros para un Plan de apoio ao sector lácteo, 10 millóns de euros para un Plan Demográfico para as provincias de Ourense e Lugo, 10 millóns de euros para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, 20 millóns de euros para un Plan de prevención de incendios e rexeneración forestal para Galicia, 10 millóns para un Plan de Supresión de Pasos a nivel en Galicia, 1 millón para un Plan de Mercancías para Galicia, 20 millóns para unha nova sé da Tesourería da Seguridade Social en Vigo, 300.000 euros para a Real Academia Galega ou 140 millóns como valor total do proxecto para a construción do dique flotante en Ferrol.

Meijón critica asimesmo que "o PP condena un ano máis a Galicia sen as partidas que necesita para as estacións de AVE, para o AVE Ourense-Pontevedra-Vigo por Cerdedo ou para autovías como a A-57, a A-59, a A-76 e a A-72".

Do mesmo xeito, o deputado galego recorda que "ano tras ano o PP deixa sen executar o que presuposta artificiosamente para Galicia co único fin de inflar a cifra". Nese sentido, recorda que o propio documento de PGE 2015 contempla que o Goberno do PP está deixando sen executar o 25% do que presupostou para Galicia nos PGE 2014. "Algo que xa se converteu en práctica continuada e que na realidade tradúcese en que entre un 30 e un 40% do presupostado tan só é realidade virtual ou papel mollado". "A Galicia, e ao resto de España, quédalles por diante un duro ano próximo". "Un bonito agasallo de ano novo por parte do PP",engade.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar