Os deputados galegos no Congreso apoiarán a comisión de investigación de Angrois

Os deputados galegos no Congreso apoiarán a comisión de investigación de Angrois

Os deputados galegos no Congreso apoiarán a comisión de investigación de Angrois

Os deputados galegos Pilar Cancela e Ricardo García Mira veñen de reunirse esta tarde no Congreso xunto co portavoz de Fomento, César Ramos, e outros deputados socialistas coa Plataforma Víctimas del Alvia. Neste encontro, a coordinadora dos deputados galegos nas Cortes comprometeuse con eles a trasladarlle ao resto do grupo socialista no Congreso o seu apoio á apertura dunha comisión de investigación na Cámara Alta.

Cancela lembrou que o grupo socialista no Parlamento de Galicia vén de apoiar unha iniciativa para que o Congreso constitúa unha comisión de investigación sobre o accidente, en liña coa posición do partido de que é nesta Cámara, e non na galega, onde residen as competencias para facelo. Unha iniciativa neste sentido foi aprobada no parlamento de Castela León.

Así, a coordinadora dos deputados e deputadas galegos no Congreso trasladoulle á Plataforma que poden contar coa súa posición favorable para que a comisión saia adiante, unha postura que será trasladada ao resto do grupo. Asimesmo, o grupo socialista no Congreso apoia a creación dunha nova comisión de investigación técnica que sexa independente, e pide que o presidente desta comisión non tivese formado parte de Renfe nin de Adif.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar