OS DEPUTADOS DO PSDEG NO CONGRESO ESIXEN A IMPLICACIÓN DO GOBERNO GALEGO NA DERROGACIÓN DA LOMCE E NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OS DEPUTADOS DO PSDEG NO CONGRESO ESIXEN A IMPLICACIÓN DO GOBERNO GALEGO NA DERROGACIÓN DA LOMCE E NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OS DEPUTADOS DO PSDEG NO CONGRESO ESIXEN A IMPLICACIÓN DO GOBERNO GALEGO NA DERROGACIÓN DA LOMCE E NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os deputados do PSdeG no Congreso dos Deputados demandan unha maior implicación da Xunta de Feijóo na loita contra a lacra da violencia de xénero e na derrogación da Lomce e as reválidas.

Pilar Cancela e Guillermo Meijón ofreceron unha rolda de prensa en Santiago tras a xuntanza do Grupo do PSdeG-PSOE no Congreso, unha reunión de traballo para facer balance e coordinar as propostas que presentarán aos orzamentos xerais do Estado.

Meijón, vicepresidente da Comisión de Educación no Congreso, lembrou “as amenazas de veto do PP, que pretende elevar un conflicto de competencias ao Constitucional pola proposición de lei impulsada polos socialistas e aprobada recentemente para derrogar a Lomce e paralizar as reválidas”.

“Nin diálogo, nin consenso, estamos ante o goberno da imposición e da soidade, xa que está en minoría ante o conxunto da comunidade educativa; están sós ante os 20.542 alumnos galegos de cuarto da ESO e os 15.140 alumnos de segundo de Bacherelato que están pendentes da reválida”, apuntou. Haberá no Congreso unha subcomisión para “estudar un pacto educativo e a proposta socialista”.

“Na conferencia sectorial de educación do día 28, Feijóo e o conselleiro deben aclarar se están co conxunto da comunidade educativa ou non, ata agora o único que fixeron foi aplaudir ao ministro ou optar por un silencio cómplice”, engadiu Meijón.

Pola súa parte, Pilar Cancela, presidenta da comisión de Igualdade, manifestou que esta mesma semana impulsará o calendario para a creación da subcomisión nas Cortes a prol do pacto de Estado contra a violencia de xénero, “no que deben participar todas as administracións”.

“Fumos pioneiros na loita contra esta lacra coa Lei do 2004, pero as partidas orzamentarias menguaron co PP e agora son necesarias medidas urxentes; no ano 2015 foron asesinadas oito mulleres en Galicia, a maior cifra de España en relación co número de habitantes”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar