Os deputados e deputadas do PSdeG participan dos paros pola Igualdade

Os deputados e deputadas do PSdeG participan dos paros pola Igualdade

Os deputados e deputadas do PSdeG participan dos paros pola Igualdade

Os deputados e deputadas do Grupo Socialista participaron hoxe dos paros convocados polos sindicatos en contra das violencias machistas, a fenda salarial e a precariedade laboral das mulleres e a favor da igualdade, e participaron nas concentracións convocadas en toda Galicia.

O portavoz do Grupo Socialista e presidente do PSdeG, sinalou esta mañá a “enorme relevancia” da loita pola igualdade porque, dixo, “a igualdade da muller é o tema máis relevante que ten a axenda política de Galicia, de España e de Europa”.

Explicou que “hoxe paramos os homes e as mulleres socialistas porque temos o dereito e tamén o deber de impulsar a igualdade en tódolos terreos, e singularmente o terreo laboral”. Explicou que é neste campo onde “as diferenzas da calidade do traballo, as condicións laborais e os salarios son cuestións a resolver no prazo máis breve posible”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar