“Os datos do paro demostran que dende que goberna Feijoo o paro incrementouse en Galicia o dobre que en España”

“Os datos do paro demostran que dende que goberna Feijoo o paro incrementouse en Galicia o dobre que en España”

“Os datos do paro demostran que dende que goberna Feijoo o paro incrementouse en Galicia o dobre que en España”

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada afirmou hoxe que o paro continua medrando na nosa Comunidade “a un ritmo que duplica ao conxunto de España”.

Losada, que valorou as cifras de desempregados na nosa Comunidade, asegura que “reflicten o fracaso das políticas laborais e económicas do Goberno de Feijoo”. E replica que a Xunta “abandonou as políticas activas de emprego e as políticas de reactivación económica na nosa Comunidade”.

Mais polo miúdo o portavoz socialista dixo que as cifras sinalan un aumento de parados ata as 226.500 persoas, o que supón un incremento do 16.01% respecto a fai un ano, porcentaxe que é o dobre que para España que sitúase nun 8.82%. Advirte que a taxa de paro subiu no goberno Feijoo do 12.2% ao 17.25%. “Mentres no conxunto do Estado no mesmo período o incremento da taxa de paro foi do 24 %, na nosa Comunidade aumentou practicamente o dobre, ata o 41 %”, proclamou.

Losada argumenta que os datos so apunta nunha dirección “aumenta o paro en Galicia e diminúen o numero de ocupados respecto a períodos anteriores”. E insistiu nas súas criticas: “na nosa Comunidade existen 63.800 parados e 81.500 ocupados menos mais dende que Feijoo é Presidente da Xunta”.

Argumenta que a perda de emprego é especialmente dramática no sector industrial, con 30.000 empregos perdidos dende que goberna Feijoo. E mentres tanto, “o Goberno Galego buscando inimigos exteriores e responsabilidades noutro lugar, pero sen dar nin unha explicación sobre a súa rendición antes a mais grave crise industrial que sufre Galicia dende a reconversión de comezos dos oitenta”, espetou.

Afirma que Feijoo pasara a historia por ser o Presidente que deixou a Galicia desprotexida ante a maior crise económica das ultimas décadas. Dixo que en realidade a practica política da dereita é esa “deixar que sexa o libre mercado quen dirixa os procesos económicos, no que sempre hai vencedores e vencidos”.

E resumiu “a pesar dos esforzos da cidadanía galega, se por Feijoo fora Galicia seria unha Comunidade vencida”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar