Os datos do desemprego de decembro reflicten que Galicia está esgotada e sen futuro da man do PP de Feijóo

Os datos do desemprego de decembro reflicten que Galicia está esgotada e sen futuro da man do PP de Feijóo

Os datos do desemprego de decembro reflicten que Galicia está esgotada e sen futuro da man do PP de Feijóo

O portavoz do PSdeG no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, lamenta que a Xunta “perdeu o control do mercado de traballo e dos sectores estratéxicos para Galicia”

Os socialistas galegos aseguran que os datos de desemprego do mes de decembro coñecidos hoxe, nos que Galicia lidera a suba do paro en España, reflicten que “o proxecto do PP de Feijóo está esgotado e os cidadáns no teñen futuro da súa man”.

O número de desempregados inscritos no Inem caeu en España o mes pasado en 55.790 persoas, pero aumentou en Galicia en 3.650, a comunidade autónoma cun maior incremento. Polo que respecta aos afiliados á Seguridade Social, a suba no Estado foi de 85.314 persoas, mentres que en Galicia baixou en 3.008.

“A Xunta do Partido Popular perdeu o control do mercado de traballo e dos sectores estratéxicos para Galicia”, afirma o portavoz do PSdeG no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, xa que o aumento do paro no mes pasado afectou especialmente á industria e a construción na comunidade galega.

Méndez Romeu sinala a Feijóo e ao PP como “responsables directos do estado do país, das severas limitacións impostas á cidadanía e o deplorable horizonte presentado ás novas xeracións”, que se ven obrigadas a emigrar en busca dun posto de traballo.

Os socialistas limitan ademais as modificacións anunciadas polo PP na política laboral para o ano 2016 a meros “cambios cosméticos” xa que “nada ten cambiado ata agora”, logo de que rexeitaran a proposta socialista de dedicar nos Orzamentos da Xunta 195 millóns de euros a un Plan de Emprego que beneficiaría a 40.000 galegos e galegas nos próximos dous anos.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar