Os datos da débeda demostran a mentira de Feióo coas finanzas públicas galegas

Os datos da débeda demostran a mentira de Feióo coas finanzas públicas galegas

Os datos da débeda demostran a mentira de Feióo coas finanzas públicas galegas

O portavoz do Grupo Socialista do Parlamento de Galicia, Abel Losada, dixo que os datos de débeda pública coñecidos hoxe “demostran negro sobre branco a mentira de Feijóo coas finanzas públicas galegas”. Explicou que o candidato do PP “defraudou a tódolos galegos ao mentir sobre a suposta solvencia de Galicia”.

Losada dixo que, de acordo cos datos de débeda pública do segundo trimestre de 2012, é “radicalmente falso” que Galicia sexa a Comunidade Autónoma mais solvente, como presumía Feijóo. Dixo que estes datos fan que “a mentira do candidato do PP se desmorone como un castelo de cartas” xa que “nin a débeda per cápita, nin a débeda en relación ao PIB nin as axencias de rating ratifican as súas mentiras”.

Explicou que Feijóo ten disparado a débeda de Galicia ata os 7.627 millóns de euros, o que supón un aumento de 3.677 millóns dende finais de 2008, co que “practicamente duplica a débeda acumulada por Galicia durante toda a historia da autonomía”. Dixo ademais que a débeda rexistrada nesta lexislatura multiplica por seis a rexistrada durante o goberno socialista, que entre 2005 e 2008 aumentou en 573 millóns.

O responsable socialista dixo que estes datos evidencian que “non se pode enganar a todo o mundo durante todo o tempo, tal e como intentaba facer Feijóo coa situación das finanzas públicas de Galicia”. Sinala que “foi cazado nesta mentira igual que foi cazado cando pechou os orzamentos da Xunta en setembro nos anos 2010 e 2011, impedindo asumir novas ordes de pago durante catro meses ao ano”.

2.728 euros por galego
Losada engadiu que estes datos supoñen que actualmente, coa xestión de Feijóo, cada galego debe 2.728 euros e, dixo, “o mais grave é que non sabemos para qué serviu esta débeda, porque non vemos que ningún galego –salvo quizais os amigos privilexiados do PP- viva hoxe mellor que hai catro anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar