Os construtores non poden dirixir a sanidade pública: reversión do Hospital de Vigo

Os construtores non poden dirixir a sanidade pública: reversión do Hospital de Vigo

Os construtores non poden dirixir a sanidade pública: reversión do Hospital de Vigo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que utilice o diñeiro destinado a pagar o canon do Hospital privado de Vigo para revertelo á sanidade pública. No debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista, dixo que “a sanidade pública non a poden definir os construtores” e advertiu que recuperando a concesión Galicia aforraría 20 millóns de euros ao ano.

O deputado socialista apelou hoxe á “vontade de diálogo” anunciada por Feijóo dende a súa investidura para “retomar o control da nosa sanidade” afastándose dun modelo propio de Thatcher ou Esperanza Aguirre para garantir un servizo “cen por cen público”. Torrado replicoulle ao PP, que hoxe anunciou o voto en contra desta proposta, dicíndolles “apúntense o tanto, pero reflexionen e tomen a nosa man tendida”.

Sinalou que a defensa numantina deste sistema de concesión público – privada por parte do PP nace dunha “cuestión de modelo” ao aplicar a un dereito fundamental un modelo de xestión propio das infraestruturas. Explicou que parte dun “punto de partida erróneo”, cunha débeda real que supera o custe dun centro público, un “historial caótico” na súa xestión e un “resultado nefasto”.

Torrado dixo que o Hospital resultou cun maior custe para un centro menor do contratado, que pasou de 1.300 a 845 camas, cunha hipoteca que suporá un beneficio de 70 millóns de euros anuais para a concesionaria, e que absorberá un de cada tres euros de investimento en Vigo para cada ano.

O responsable socialista sinalou as “deficiencias de construción, espazos mal deseñados, materiais de mala calidade e deficiencias de recursos, facendo imposible ter sabanas limpas para todos”.

Esta é a conclusión, remachou, da decisión do goberno galego de “entregar dereitos ao negocio”, e dixo que “a titularidade ten que recaer na administración, que é quen debe garantir o dereito á sanidade”. O parlamentario socialista criticou os “termos tramposos” aplicados polo PP no debate, que negou o carácter privado dun centro que é xestionado por unha empresa privada pero con cartos procedentes do goberno galego.

jacobo

Artigos relacionados

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Deixar a resposta

Pechar