Os conselleiros de Facenda e Educación fan campaña electoral dende o coche oficial

Os conselleiros de Facenda e Educación fan campaña electoral dende o coche oficial

Os conselleiros de Facenda e Educación fan campaña electoral dende o coche oficial

A deputada socialista Concepción Burgo reclamou hoxe o cese dos conselleiros de Educación e Facenda logo de ser nomeados como candidatos á alcaldía de Ourense e Vigo, respectivamente, por estar facendo “campaña electoral dende o coche oficial”. Burgo sinalou que os aínda conselleiros estiveron visitando as dúas cidades para celebrar actos alleos aos seus departamentos.

Advertiu que cada día que se manteñan como conselleiros e candidatos será un día mais no que Feijóo desminta a súa presunta aposta polo impulso democrático. Sinalou que “Feijóo di que hai que regular os gobernos en funcións, pero non fai nada cando dous conselleiros utilizan os recursos da Xunta para facer campaña electoral”, o que, engadiu, “metaforicamente supón financiamento ilegal”.

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiu que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, “tiña que estar cesado dende hai tempo” por defender a reforma universitaria do Ministro Wert “sen ningún tipo de consenso, análise nin diálogo cos estudantes e a oposición frontal dos reitores”. Lembrou o compromiso dos socialistas de derrogar o novo decreto no momento do cambio de goberno.

Os socialistas levarán unha moción ao próximo Pleno do Parlamento na que lle reclaman á Xunta que apoie os intereses das universidades e dos estudantes fonte á reforma imposta polo goberno central. Reclaman que o goberno galego “defenda na Conferencia General de Política Universitaria e no Ministerio de Educación as decisións ao respecto dos reitores do SUG como representantes de toda a comunidade universitaria galega”.

Considerou unha temeridade que o goberno queira impor agora un modelo de 3 anos de grao e dous de máster cando aínda non foron avaliados os resultados do sistema de 4 anos de grao e un de máster. Dixo que este continuo cambio de modelo tan só pode provocar “confusión e caos no sistema universitario”.

Elitización da Universidade

Burgo criticou que o goberno galego respalde unha nova reforma coa que o goberno busca reducir custes a costa de provocar un proceso de elitización da universidade a través do seu encarecemento e impulsar as universidades privadas, mais interesadas nun sistema con mais anos de máster, que ofrece maiores beneficios.

Desmentiu ademais o argumento defendido polo ministro Wert, o conselleiro Vázquez e o propio Feijóo para xustificar a reforma nunha equiparación ao sistema universitario europeo que “ten que producirse polo incremento dos recursos do sistema universitario e non no número de anos de máster”.

Acusou a Feijóo e ao conselleiro Vázquez de “non facer nada na defensa dos intereses das universidades e dos estudantes galegos, aos que deixan sempre solos fronte ás decisións de Madrid”. Así o fixeron na redución de bolsas de estudos, na paulatina desaparición das bolsas Erasmus e agora nun incremento dos anos de máster “que só defenden os reitores das universidades privadas”.

Burgo reclamoulle ao goberno galego que recupere o investimento dedicado ao Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego, que diminuíu un 15 por cento dende 2009. Tamén esixiu a reposición das plantillas do profesorado, mermadas e sufrindo a intromisión da Consellería de Facenda, que “na práctica está a decidir cántos e a qué profesores permiten contratar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar