Os anuncios de Feijóo sobre transplantes en Vigo, unha "radical e pura mentira"

Os anuncios de Feijóo sobre transplantes en Vigo, unha "radical e pura mentira"

Os anuncios de Feijóo sobre transplantes en Vigo, unha "radical e pura mentira"

Pleno del parlamento

O deputado socialista Abel Losada e a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, saíron hoxe a desmentir a “radical e pura mentira” dos anuncios feitos por Feijóo sobre os transplantes no Hospital privado de Vigo na sesión de control celebrada hoxe no Parlamento. Sinalou que “as estatísticas poderán dicirlle varias cousas, pero un transplante faise ou non se fai, e o transplante de fígado non se fai en Vigo”.

Puntualizou que “non se fan transplantes no ámbito hospitalario de Vigo agás os de córnea”, co que desmentiu que o centro hospitalario teña realizado un transplante de fígado, como asegurou hoxe Feijóo. Losada lembrou que precisamente os transplantes son “outra débeda histórica da sanidade pública co sur de Galicia, outra discriminación máis fronte aos hospitais de Santiago e A Coruña nos que si se fan transplantes”.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, subliñou que “Feijóo minte en todo, e tamén na sanidade” e engadiu que “nin o Hospital de Vigo é público nin fai transplantes de fígado nin o presidente leva 5 hospitais construídos nin 50 centros de saúde, e por suposto si que leva privatizado todo o sistema público de sanidade”.

Insulto á intelixencia

Losada abundou que logo de “mentir sobre o carácter privado do hospital e sobre as deplorables condicións físicas e de prestación hospitalaria”, o presidente da Xunta hoxe deu un paso máis para “insultar á intelixencia dos cidadáns de Vigo, especialmente aqueles que teñan que trasladarse a Santiago ou á Coruña para facer un transplante”.

O deputado socialista viu a Feijóo “desbordado pola realidade que o supera, logo da decisión de construír un Hospital privado que claramente non funciona”, e anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias “para que explique esta nova proposta de transplantes de fígado en Vigo”.

Abel Losada afeoulle a Feijóo ter posto o dedo na ferida citando unha das eivas históricas da sanidade de toda a provincia de Pontevedra, especialmente logo de terlle retirado ao norte da provincia a atención de alta especialidade en favor de Santiago, “co que significa en termos de fondos e de formación para os profesionais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar