Os altos cargos investigados por retrasar os tratamentos de hepatite C deben ser apartados das súas funcións

Os altos cargos investigados por retrasar os tratamentos de hepatite C deben ser apartados das súas funcións

Os altos cargos investigados por retrasar os tratamentos de hepatite C deben ser apartados das súas funcións

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe no Pleno do Parlamento que a Consellería de Sanidade “separe das súas funcións aos altos cargos investigados por homicidio”. O responsable socialista fixo esta petición a través dunha emenda a unha proposta de En Marea sobre o Plan Estratéxico Nacional para o tratamento desta enfermidade.

Os socialistas galegos propuxeron ampliar esta iniciativa incluíndo unha emenda para, literalmente, “garantir o correcto funcionamento da Consellería de Sanidade no relativo á hepatite C, especialmente no relacionado co trato coas persoas afectadas e o seguimento do Plan estratéxico, separando para elo das súas funcións aos altos cargos investigados por homicidio”.

O responsable socialista sinala que a causa “supón consecuencias políticas inapelables e inaprazables” logo da “sospeita fundada” dun retraso deliberado dun tratamento por razóns de aforro orzamentario que podería ter suposto o falecemento de varios pacientes. Torrado advirte que esta situación está a provocar unha “quebra da confianza da cidadanía nos responsables da sanidade pública que debe ser restaurada de inmediato”.

Ausencia de explicacións

Torrado lembrou que o conselleiro de Sanidade “a día de hoxe continúa sen ofrecer explicacións, sen dar a cara diante dun caso de extrema gravidade, como son os feitos que se lles imputan aos altos cargos”. Como mínimo require, dixo, da presenza do máximo responsable da sanidade pública diante do Parlamento para ofrecer unha explicación convincente e trasladar cómo pensa depurar responsabilidades políticas”.

O responsable socialista emprazou a En Marea a aceptar, e ao PP a apoiar na votación final que se celebrará mañá mércores, esta emenda sobre a nova situación logo da decisión da Audiencia Provincial de A Coruña de investigar a dous altos cargos do Sergas.

Estes están a ser investigados “por un presunto delito de homicidio por imprudencia profesional grave ao retrasar o tratamento contra esta enfermidade por razóns orzamentarias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar