Os alcaldes socialistas rexeitan a suba da taxa do lixo ata ter conclusións e datos claros de Sogama cunha mesa de traballo

Os alcaldes socialistas rexeitan a suba da taxa do lixo ata ter conclusións e datos claros de Sogama cunha mesa de traballo

Os alcaldes socialistas rexeitan a suba da taxa do lixo ata ter conclusións e datos claros de Sogama cunha mesa de traballo

O PSdeG votará mañá en contra da proposta de aprazamento temporal da Xunta na Fegamp e esixe que se forme “de inmediato” unha mesa de traballo cunha auditoría para aclarar “cales son as cifras da débeda, que está funcionando mal e por que” antes de aceptar a suba do 34% no lixo

Os alcaldes socialistas reuníronse esta tarde na sede do PSdeG en Compostela para fixar unha posición de cara á comisión executiva da Fegamp que se celebra mañá, na que se votará a proposta da Xunta sobre o aprazamento da suba da taxa do lixo nun 34% que deberán asumir os concellos. Os rexedores do PSdeG decidiron que votarán en contra desta suba ata ter conclusións concretas sobre a xestión medioambiental de Sogama e datos claros da xestión económica da sociedade a través dunha auditoría, así como a decisión do modelo de futuro a seguir tras “un modelo ambiental e económico fracasado”, como afirmou o secretario de política municipal, Valentín González Formoso. Para iso, os socialistas propoñen que se poña en funcionamento “de inmediato” unha mesa de traballo entre a Xunta e os alcaldes para aclarar “cales son as cifras e a débeda, que está funcionando mal e por que” antes de aceptar calquera tipo de suba.

O representante do PSdeG na Fegamp, Alfredo García, valorou o cambio de actitude da Xunta “tras a presión dos alcaldes”, que pasou de “dicir que marche o que non queira a falar”, pero afirmou que non é suficiente porque “o fracaso da xestión non pode caer directamente nos veciños”. Os alcaldes socialistas manifestaron na reunión que “a Xunta xa entendeu que as posicións de prepotencia non son unha fórmula que lles sirva aos Concellos de Galicia cando están a defender o benestar dos seus veciños” e cren que a proposta do Goberno galego “é un parche e unha fuxida cara adiante que non soluciona o problema real nin é suficiente para evitar unha nova carga fiscal aos cidadáns e as empresas”, polo que entenden que “debe tratarse de inmediato e en profundidade un problema grave de xestión que hai que arranxar e non maquillar cun acordo que non solucionaría nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar