Os alcaldes socialistas propoñen que a suba do canon do lixo sexa asumido “pola Xunta, os concellos e a propia Sogama como empresa”

Os alcaldes socialistas propoñen que a suba do canon do lixo sexa asumido “pola Xunta, os concellos e a propia Sogama como empresa”

Os alcaldes socialistas propoñen que a suba do canon do lixo sexa asumido “pola Xunta, os concellos e a propia Sogama como empresa”

“Demandamos tamén a creación dunha mesa de traballo que analice novos modelos de xestión e tratamento dos residuos sólidos urbanos en Galicia”, afirma Marcos Blanco, alcalde de Ribadavia

Os alcaldes socialistas demandaron hoxe que a suba do canon do lixo sexa asumido “pola Xunta de Galicia, os concellos e a propia Sogama como empresa, xa que entendemos que ten que asumir parte da súa responsabilidade na mala xestión, en vez de mirar para outro lado e cargarllo aos galegos”.

Un grupo de alcaldes socialistas e do BNG concentráronse hoxe diante da Xunta en San Caetano, nun acto ao que tamén asistiron os deputados do PSdeG Pablo García, Xosé Sánchez Bugallo e Patricia Vilán, portavoz de Medio Ambiente na Cámara galega.

En declaracións aos medios de comunicación, Marcos Blanco, rexedor de Ribadavia e membro da Executiva galega do PSdeG, solicitou “diálogo e consenso” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para atopar unha solución á imposición “do taxazo de Sogama, que castiga unha vez máis ao municipalismo e ao conxunto dos galegos”.

En representación de máis de noventa alcaldes galegos, os edís que estiveron en San Caetano leron un manifesto no que demandaron “a creación dunha mesa de traballo que analice novos modelos de xestión e tratamento dos residuos sólidos urbanos en Galicia, que den resposta ás necesidades dos cidadáns e que substitúan o modelo caduco e insostible economicamente de Sogama”.

“Á suba do 34% do canon de Sogama hai que sumarlle o incremento do canon da auga en máis dun 50%, a suba do IBI por Decreto Lei, o copago sanitario ou o IVE, polo que temos diante unha situación moi complicada para os concellos e para os cidadáns”, explicou Blanco.

“En Sogama, a única beneficiada son as contas dunha empresa mixta, xestionada pola Xunta pero con capital privado, xa que o 49% do accionariado pertence a Gas Natural Fenosa”, lamentan os alcaldes socialistas, que piden que “Núñez Feijóo afaste a súa arrogancia, negándose sistematicamente a recibirnos, e se adique a solventar os problemas xerados pola mala xestión do seu Goberno”.

“Facemos un chamamento para que o presidente da Xunta utilice os principios básicos que teñen que rexer as relacións das diferentes Administracións públicas, a cooperación e a coordinación; o que ten que facer Feijóo e defender os dereitos de todos os galegos”, engadiu o alcalde de Ribadavia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar