Os alcaldes socialistas loitarán contra os desafiuzamentos

Os alcaldes socialistas loitarán contra os desafiuzamentos

Os alcaldes socialistas loitarán contra os desafiuzamentos

Os alcaldes socialistas loitarán contra os desafiuzamentos cunha batería de medidas incluíndo asesoramento legal aos afectados, programas de mediación cos bancos para renegociar hipotecas ou alugueres sociais, ademais de retirar os depósitos e créditos de bancos que desafiucen a persoas con insolvencia sobrevida.

Así o anunciaron en Madrid a vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, o alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias –Femp-, Abel Caballero, e o rexidor de Toledo, Emiliano García-Page.

Caballero explicou que os concellos socialistas están xa tomando medidas para facer fronte a este problema e falou, entre outras cuestións, de "retirar depósitos dos bancos que procedan a realizar desafiuzamentos en vivendas habituais de cidadáns con insolvencia sobrevida" e "negar a participación da Policía Local en procesos que non sexan solicitados por xuíces", como están a facer por exemplo en Vigo.
Os rexedores socialistas son partidarios de que os concellos "se involucren" na mediación coas entidades financeiras para que haxa "dación en pagamento con aluguer social"; establézanse parques públicos de aluguer -aínda que esta sexa unha obriga das CC.AA.-; retírese o imposto de plusvalía a todas as vivendas desafiuzadas e se de publicidade aos bancos que - ao seu xuízo- estean a manter "un comportamento positivo" ante este drama dos desafiuzamentos.

Valenciano

A Vicesecretaria Xeral, Elena Valenciano, insistiu hoxe en que "o obxectivo do PSOE é que ningunha familia española se quede sen fogar" e "parar todos os desafiuzamentos ata que haxa unha nova lei", remarcou.
Non queremos parches, que é o que o Goberno nos ofreceu, queremos solucións que arranxen o problema de fondo", asegurou Valenciano, durante unha rolda de prensa en Ferraz, tras manter un encontro con preto de corenta alcaldes socialistas sobre desafiuzamentos, xa que-dixo- os alcaldes socialistas "están sendo a avanzada, o mascarón de proa de toda a estratexia antidesafiuzamentos que o Partido Socialista está a levar a cabo e quere seguir intensificando". Son os alcaldes os que "levan moito tempo pelexando contra esta realidade" e a súa contribución é "decisiva" para resolver este problema, insistiu.

Neste sentido, Elena Valenciano explicou que o PSOE vai manter unha "intensa axenda de contactos as próximas semanas con todos os axentes implicados neste drama, que afecta a moitas familias españolas, tanto con asociacións de afectados, como con axentes que participan neste proceso, como avogados, notarios, xuíces, asociacións profesionais.

Durante a súa comparecencia, a responsable socialista subliñou que "en absoluto estamos a pedir ao Goberno actos caritativos" e que "non" estamos a falar só de colectivos claramente excluídos ou con moitas dificultades", senón de "un problema que se xeneralizou en gran parte da clase media". "Estamos a falar de dereitos e non de caridade. Isto é o que a dereita, de momento, parece non entender", dixo.

Valenciano explicou que durante a reunión se aprobou unha "Declaración de alcaldes e alcaldesas socialistas en relación aos desafiuzamentos". "Un texto moi amplo que recolle todo aquilo que imos poñer en marcha e as cousas que xa se están facendo".

García - Page

Pola súa banda, García Page dixo que as casas do concello deben ser as administracións que "máis preman para que se consiga o auténtico obxectivo: que se modifique de forma contundente a lexislación hipotecaria e a xestión da vivenda pública en España que está en mans das CC.AA. "

Criticou que co decreto do pasado venres o Goberno se limitase a "poñer panos quentes" e "non ir máis alá", e afirmou que "cando se chegou tarde ao problema, o maior erro sería quedarse moi curtos, como así aconteceu".

García Page referiuse ás moitas cousas que se poden facer no ámbito da política local para axudar a resolver este problema e falo, ao igual que Caballero, de "condicionar as relacións financeiras das institucións municipais coas entidades bancarias, en función de criterios e parámetros que son os que piden os cidadáns".

DECLARACIÓN ALCALDES E ALCALDESAS PSOE SOBRE DESAFIUZAMENTOS

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar