Os alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixen á Xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Os alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixen á Xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Os alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixen á Xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Unha representación de alcaldes do PSdeG presenciou na Tribuna do Hemiciclo a pregunta en Pleno ao Presidente do portavoz do socialista sobre este asunto

Os representantes municipais decidiron solicitar unha entrevista do conselleiro de Medio Ambiente cunha representación de alcaldes socialistas

alcaldes_parlamentoO Secretario de Política Municipal do PSdeG e alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o portavoz na FEGAMP e alcalde de O Barco, Alfredo García Rodríguez, e unha representación de alcaldes socialistas das catro provincias presenciaron hoxe desde a Tribuna de Convidados a pregunta ao Presidente da Xunta do Portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, sobre a suba do canon do lixo que se procesa en SOGAMA.

Os alcaldes socialistas están preocupados pola repercusión social que están a ter as anunciadas medidas do Goberno como a suba do canon do lixo nun 34% ou o repago hospitalario.

No caso do canon do lixo, os socialistas rexeitan “que a mala xestión de Sogama corra a cargo dos cidadáns, sen explorar toda-las posibilidades alternativas”, como explicou Valentín González Formoso. Anuncian que reclamarán ante a Xunta “medidas de transparencia” en Sogama, entre elas unha auditoría de xestión empresarial e outra de xestión ambiental dos residuos, posto que todo apunta a unha “nefasta xestión da Sociedade Pública nos dous ámbitos”, sendo a mellora no rendememto da Sociedade e unha política de contención de custes “a alternativa á maior subida da historia”do prezo pola xestión do lixo.

Se non se acomete dita mellora as subidas do canon están garantidas, haberá máis. Esa solución é “dificilmente explicable aos cidadáns, axfisiados polas novas cargas con que o goberno lastra as familias, familias que esperan do seu goberno outra decisión que non sempre a mais fácil, subir impostos”, censurou González Formoso.

Os representantes municipais do PSdeG xustifican a necesidade destas auditorías porque afirman que coa suba do canon Sogama acadará 6 millóns de euros de beneficios “a costa dos veciños, que parece que para o PP sempre é a solución máis fácil”.

Denuncian que “cada vez cobran máis por unha xestión dos residuos nefasta, na que unha gran parte do lixo é enterrada directamente”, polo que piden “seriedade”, ademais de “responsabilidade, control e información real” por parte da Xunta en puntos como os salarios que están a percibir os responsables desta sociedade público-privada.

Desde o PSdeG calculan que os veciños terán que soportar unha suba media de 10 euros por cada recibo bimensual e haberá empresas que verán aumentada a súa factura en ata 400 euros anuais.

A presenza dos alcaldes hoxe no Pleno da Cámara é unha das medidas acordadas na reunión de hai quince días, onde os portavoces e rexedores do PSdeG decidiron ademais solicitar unha entrevista do conselleiro de Medio Ambiente cunha representación de alcaldes do partido. González Formoso lamenta “que a Xunta siga nun mundo paralelo e trate de vender a Feijóo como un gran xestor despois de tomar este tipo de decisións”, e reclámalle ao Goberno galego “que se faga cargo dos problemas que non é quen de solucionar e que deixe de evadir as súas responsabilidades para que os concellos lle solucionen a papeleta”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar