Os alcaldes e alcaldesas críticos coa suba do canon de Sogama, “moi decepcionados co goberno de Feijóo” tras a reunión que mantiveron co conselleiro Agustín Hernández

Os alcaldes e alcaldesas críticos coa suba do canon de Sogama, “moi decepcionados co goberno de Feijóo” tras a reunión que mantiveron co conselleiro Agustín Hernández

Os alcaldes e alcaldesas críticos coa suba do canon de Sogama, “moi decepcionados co goberno de Feijóo” tras a reunión que mantiveron co conselleiro Agustín Hernández

“Estamos ante unha fractura grande entre o municipalismo galego e a Xunta”, afirma Marcos Blanco, alcalde de Ribadavia

Os alcaldes críticos coa suba do 34% no canon de Sogama saíron “moi decepcionados” da reunión que mantiveron co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e advirten dunha “fractura entre o municipalismo e a Xunta”.

“A Xunta non está disposta a asumir ningún custo e aínda encima sostén que é unha responsabilidade dos concellos, cando todo o mundo sabe que o aumento do 34% foi unha decisión do Goberno de Feijóo para salvar os números dunha empresa privada”, afirma Marcos Blanco, alcalde socialista de Ribadavia. Por parte do PSdeG, tamén asistiron á reunión con Hernández o alcalde de O Barco e vicepresidente da Fegamp, Alfredo García, e o concelleiro vigués Ángel Rivas.

“Non hai acordo porque en ningún momento houbo a intención de Hernández de chegar a un acordo, nin sequera para negociar a taxa de 2015, que polo que nos dixo o conselleiro podería rexistrar un novo incremento, saímos moi decepcionados, nin un pequeno xesto por parte da Xunta”, manifesta Blanco.

A única recomendación que obtiveron da Xunta os alcaldes “é que aumentemos a reciclaxe para intentar pagar menos”. “O que aconteceu hoxe supón unha fractura grande, os concellos tamén asumimos gastos en limpeza ou enerxía en instalacións da Xunta nos nosos concellos, pero neste caso non atopamos ningún intento de chegar a un consenso”, engade.

Os noventa concellos representados polos alcaldes que hoxe estiveron en San Caetano pedían que o aumento do canon “fora asumido polos municipios, a Xunta e a propia Sogama, sería o máis xusto, e non o que fai Feijóo de cargarlle todo aos cidadáns”.

“Despois de dúas horas e media de reunión, o único que nos queda claro é a incompetencia do Goberno de Feijóo; agora explicaremos o que pasou nas asambleas e decidiremos novas medidas por parte dos concellos, pero o malestar é moi grande”, remata Blanco.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar