Os alcaldes e a Executiva do PSdeG reúnense o martes para analizar a proposta da Xunta sobre a taxa de Sogama

Os alcaldes e a Executiva do PSdeG reúnense o martes para analizar a proposta da Xunta sobre a taxa de Sogama

Os alcaldes e a Executiva do PSdeG reúnense o martes para analizar a proposta da Xunta sobre a taxa de Sogama

Os socialistas, que advirten de que “o parche que propón o goberno de Feijóo non soluciona o problema real nin é suficiente para evitar unha nova carga fiscal aos cidadáns e as empresas”, definirán a súa postura de cara á comisión executiva da Fegamp do mércores

O PSdeG traslada que “a Xunta xa entendeu que as posicións de prepotencia e de ameazas non serven cos alcaldes nin coa cidadanía”, e agora “debe tratar en profundidade un problema grave de xestión que hai que arranxar, máis aló de fuxidas cara adiante”

Os alcaldes e alcaldesas do PSdeG reuniranse o martes con membros da Executiva do partido para analizar a proposta trasladada pola Xunta á Fegamp que aprazaría a suba da taxa do lixo de Sogama ata mediados de 2014. Os socialistas definirán a súa posición de cara á comisión executiva da Fegamp do mércores, pero nunha primeira análise advirten de que “o parche que propón o Goberno de Feijóo atrasa esta nova suba de impostos aos galegos unicamente seis meses, polo que non soluciona o problema real nin é suficiente para evitar unha nova carga fiscal aos cidadáns e ás empresas de Galicia”.

Neste sentido, os socialistas lembran que entre as súas peticións están unha auditoría externa económico-financeira e de xestión medioambiental con información clara e transparente. Así mesmo, reclaman que a Xunta asuma a suba da taxa se non é quen de arranxar o problemas de xestión de Sogama, pero que “baixo ningún concepto lle transmita o problema á cidadanía galega”.

O PSdeG enmarca o pequeno paso dado pola Xunta ante a Fegamp como o resultado de que o Goberno galego “xa entendeu que as posicións de prepotencia non son unha fórmula que lles sirva aos Concellos de Galicia cando están a defender o benestar dos seus veciños”, despois de “partir dunha posición irresponsable de si ou si na que o Presidente da Xunta convidaba a saír de Sogama a quen non estivera de acordo”. Os socialistas aseguran que “máis aló de fuxidas cara adiante e prórrogas”, debe buscarse un acordo para “tratar en profundidade un problema grave de xestión que hai que arranxar”, se ben non entenden que dita mesa de negociación para buscar un acordo haxa que atrasala mais dun ano como propón a Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar