Os alcaldes do PSdeG, no centenar de rexedores que anuncian mobilizacións se Feijóo non responde á oferta de diálogo para retirar a suba do canon e buscar unha alternativa a Sogama

Os alcaldes do PSdeG, no centenar de rexedores que anuncian mobilizacións se Feijóo non responde á oferta de diálogo para retirar a suba do canon e buscar unha alternativa a Sogama

Os alcaldes do PSdeG, no centenar de rexedores que anuncian mobilizacións se Feijóo non responde á oferta de diálogo para retirar a suba do canon e buscar unha alternativa a Sogama

O socialista Marcos Blanco foi nomeado un dos portavoces da comisión delegada para reunirse co Presidente da Xunta e procurar unha solución negociada á imposición unilateral da Xunta de subir o canon do lixo

Censuran a incapacidade para o diálogo amosada ata o de agora por Feijóo. De seguir así, anuncian mobilizacións e un recurso contencioso administrativo contra unha decisión que supón unha volta de rosca máis para a maltreita economía dos veciños

Os rexedores acordaron buscar unha alternativa viable e sostible ao modelo caduco de SOGAMA

O alcalde de Ribadavia, o socialista Marcos Blanco, anunciou, ao remate da xuntanza de máis dun centenar de alcaldes de varios partidos para abordar medidas en contra da suba do canon de SOGAMA, o apoio dos rexedores socialistas aos acordos tomados hoxe por unanimidade.

Blanco Jorge anunciou que os alcaldes acordaron dar un prazo ata a última semana de xaneiro para que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, os reciba.

O alcalde socialista de Ribadavia censurou a “incapacidade do presidente da Xunta para chegar acordos”, por iso, como medida de presión, os rexedores anunciaron tamén un calendario de manifestacións que comezaría cunha primeira concentración do máis do centenar de alcaldes ante San Caetano, á que lle seguirían outras accións espalladas no tempo.

Explicou que, aínda que son un centenar “os que damos a cara”, existen outros moitos rexedores do PP que teñen manifestado o seu apoio a este colectivo que inclúe poboacións populosas como Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense, supoñendo no seu conxunto máis do 50% do lixo que recolle SOGAMA.

De non atopar vontade de diálogo nin receptividade ás súas demandas, os rexedores acordaron que o seguinte paso sería a presentación dun recurso xudicial pola vía do Contencioso Administrativo en contra da taxa do 34%, “unha volta de rosca máis á maltreita economía dos veciños que os alcaldes non podemos consentir”.

Para conseguir unha maior visualización por parte da sociedade da posición en contra do canon destes municipios, os rexedores acordaron a colocación de pancartas nas fachadas das casas consistoriais, confeccionadas baixo un lema común que exprese o rexeite destes máis de cen municipios á decisión “unilateral” da Xunta de incrementar a taxa do lixo.

Á marxe da cuestión reivindicativa, Blanco salientou o acordo unánime dos municipios representados na reunión para comezar a elaborar unha alternativa viable e sostible a SOGAMA, que representa “un modelo caduco tanto a nivel económico como medioambiental”.

O rexedor socialista explicou que existen alternativas “que xa non son utopías, senón que son proxectos que se están a exercer en outras partes de España e de Europa”. Trátase de extrapolar estes modelos, adaptándoos ás características de Galicia. En definitiva, “poder amosar a Feijóo que hai sistemas máis rendibles no económico e máis eficientes desde o punto de vista ambiental”.

A partires de aí, comenta o portavoz do PSdeG na comisión de alcaldes en contra da suba do canon de SOGAMA, haberá que falar con outras administracións ou unión de concellos para levar a cabo “un proxecto aglutinador no que se valoren todas as posibilidades dun novo modelo para Galicia”, tendo en conta as características propias do país, como a xeografía, e a dispersión da poboación. Unha alternativa “rigorosa, tecnicamente viable, e factible”, sentenciou Marcos Blanco.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar