Os alcaldes críticos coa suba do canon do lixo conseguen unha reunión con Agustín Hernández na que pedirán que o aumento da taxa sexa asumido “por Xunta, concellos e a propia Sogama”

Os alcaldes críticos coa suba do canon do lixo conseguen unha reunión con Agustín Hernández na que pedirán que o aumento da taxa sexa asumido “por Xunta, concellos e a propia Sogama”

Os alcaldes críticos coa suba do canon do lixo conseguen unha reunión con Agustín Hernández na que pedirán que o aumento da taxa sexa asumido “por Xunta, concellos e a propia Sogama”

“O único que pretendemos é que se nos escoite, os alcaldes queremos consensuar alternativas co Goberno do PP”, asegura Marcos Blanco, alcalde socialista de Ribadavia

Unha representación de alcaldes do PSdeG e do BNG concentráronse hoxe no interior da Xunta en San Caetano para esixir “unha vía de diálogo”

Una representación de alcaldes críticos coa suba do canon de Sogama serán recibidos o próximo martes, día 1 de abril, ás 15:30 horas polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, co obxectivo de buscar alternativas ao incremento do 34% na taxa de tratamento do lixo.

Acudirá un alcalde por provincia e outro en representación da Fegamp. En concreto, estarán na reunión con Agustín Hernández os representantes dos concellos de Vigo (PSdeG), Ribadavia (PSdeG), Monforte (BNG) e Rianxo (BNG), ademais de Alfredo García, alcalde socialista de O Barco e vicepresidente da Fegamp.

Unha representación de alcaldes socialistas e do BNG concentráronse hoxe diante da Presidencia da Xunta en San Caetano co obxectivo de abrir unha vía de diálogo co Goberno do PP. Tras unha hora de concentración, obtiveron o compromiso de manter co conselleiro de Medio Ambiente a reunión do martes.

“O único que queremos é que se nos escoite, queremos consenso, pero a Xunta non pode esquecer que os alcaldes que estamos aquí representamos ao 50% da poboación galega e tamén o 50% do tratamento do lixo que fai Sogama”, manifestou aos medios de comunicación Marcos Blanco, alcalde socialista de Ribadavia.

Os alcaldes queren que a suba do canon sexa asumida “pola Xunta, os concellos e a propia Sogama, porque non podemos permitir que unha empresa privada sempre gañe e os nosos veciños perdan, o incremento do 34% é desproporcionado”, apuntou Blanco.

Os representantes dos concellos agradeceron o apoio do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, “pero lamentablemente non sirve, o PP aplica o rodillo e iso non pode ser, ten que escoltar aos cidadáns galegos”, engadiu o alcalde de Ribadavia.

Na concentración tamén estaba Valentín Formoso, alcalde de As Pontes e secretario de Política Municipal da Executiva galega do PSdeG, e os primeiros edís socialistas de municipios como A Illa de Arousa, Piñor, A Fonsagrada, Vilaboa, A Guarda, Camariñas, Castroverde, Pol e Becerrera, ademais de Ángel Rivas, do Concello de Vigo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar