Os acordos do Parlamento son "sistematicamente violados" por Feijóo

Os acordos do Parlamento son "sistematicamente violados" por Feijóo

Os acordos do Parlamento son "sistematicamente violados" por Feijóo

Méndez Romeu advirte “total cinismo” por parte do PP e da presidenta do Parlamento ao incumprir o acordo de supresión de vehículos oficiais para os membros da Mesa.

Os socialistas propoñen unha reforma de 25 puntos do Regulamento do Parlamento para garantir o control ao Executivo, a participación da cidadanía e regular a situación dos deputados non adscritos.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou que os acordos do Parlamento están a ser “sistematicamente violados” polo presidente da Xunta. Méndez Romeu e a viceportavoz do Grupo, Carmen Gallego, aproveitaron o ecuador da Lexislatura para facer balance da situación do goberno galego e presentar as liñas de traballo nos próximos dous anos.

O portavoz socialista esixiu o compromiso de Feijóo co cumprimento “do que manda o Parlamento”, logo de constatar o incumprimento dos acordos entre os grupos e mesmo das leis aprobadas pola Cámara, como a de Medios Públicos de Comunicación ou a reforma do Consello Consultivo. Lembrou que Feijóo nin sequera cumpre cos seus propios orzamentos, que están a acadar os menores niveis de previsión e execución do século.

Méndez Romeu puxo como exemplo do “total cinismo” da maioría parlamentaria e mesmo da presidenta do Parlamento o incumprimento do acordo proposto por eles mesmos para retirar os vehículos oficiais dos membros da Mesa do Parlamento, agás o da presidenta. Acusou ao PP de diferenciar “dúas castes de deputados”, os da maioría, que contan con tódolos medios, e os da minoría, “con dereito de protesta pero non de ser escoitados”.

Lembrou que a presidenta do Parlamento é “garante do cumprimento dos acordos parlamentarios”, como é o caso da situación dos vehículos oficiais, que está a ser “incumprido de xeito ostensible e mesmo provocador”. En calquera caso, a próxima Xunta de Portavoces deberá atender ás solicitudes dos socialistas galegos para coñecer “quén utiliza os vehículos e quén fai qué cousa con eles”.

Explicou que o tratamento deste acordo por parte do PP segue “o sinal de identidade do goberno”, para quen “ningún acordo vale para nada”, e son “incumpridos olimpicamente” cun completo “desprezo aos prazos, cantidades e demais aspectos” por moito que sexan avalados pola Cámara.

Méndez Romeu fixo balance da actividade do Grupo Socialista no que vai de lexislatura, na que deron conta da precaria situación do emprego en Galicia e da inacción da Xunta, e atenderon aos principais problemas sociais, como é o desmantelamento da dependencia e dos servizos públicos da sanidade e o ensino. Tamén levaron á Cámara a voz dos transportistas, do sector lácteo, as familias hipotecadas ou a falla de solo industrial.

Os socialistas galegos continuarán afondando nos principais problemas que afectan á cidadanía no que queda de lexislatura, atendendo aos sectores vítimas da crise na que abunda o goberno de Feijóo, que está a situar a Galicia nunha “situación económica e social lamentable”.

A produción lexislativa do grupo socialista continuará nos próximos meses logo de ter presentado cinco proxectos, dous deles aprobados –a Lei de non discriminación e a de Dereito á morte digna-, e continuarán levando á Cámara os problemas da cidadanía coa organización dunha nova Xornada cidadá o próximo xoves, esta vez sobre pobreza e desigualdade.

Criticou que a resposta do goberno sexa a “inacción dos instrumentos propios” cos orzamentos en “mínimos históricos”, e a falla de actividade da Xunta, con Consellos sen actividade nin acordos e un nivel de execución orzamentaria “cada ano mais débil”.

Reforma do Regulamento

Os socialistas galegos presentaron hoxe unha proposición de Lei para reformar o Regulamento cun conxunto de 25 propostas concretas para mellorar o funcionamento da Cámara e achegala á cidadanía. Propoñen obrigar á comparecencia dos conselleiro no caso de non entregar a información requirida polos grupos ou a constitución de Comisións de Investigación a petición dunha terceira parte dos deputados e deputadas.

Tamén solicitan aumentar os períodos de sesións eliminando as “vacacións” parlamentarias de xaneiro e xullo, considerados inhábiles, reducindo os días de inactividade dos 90 actuais a 40. Ademais, contemplan a posibilidade de que nos procedementos de elaboración de leis sexa posible requirir da Xunta os antecedentes ou documentación axeitada.

A proposta obriga á posta en marcha dun portal de transparencia onde publicar a xestión, gastos e actuacións do Parlamento, onde figure a asistencia dos deputados e deputadas ás sesións, publicar as súas declaracións tributarias e informar sobre as subvencións dos grupos parlamentarios ou a execución orzamentaria da Cámara. Tamén prevén unha maior participación da cidadanía a través da Comisión de Peticións.

Finalmente, os socialistas propoñen definir a situación do Grupo Mixto, no que se diferencie aos deputados procedentes de opcións políticas que non acadaron os cinco deputados necesarios para constituír grupo propio dos deputados sen adscrición política, procedentes da escisión doutro grupo parlamentario.

Balance

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, fixo unha radiografía da situación socioeconómica de Galicia logo de seis anos de xestión de Feijóo, nos que constatou que “os galegos cada vez viven peor”. Engadiu que “nin un só dato” ou indicador revela unha mínima mellora da situación da cidadanía galega, mentres o goberno galego esfórzase por tender “cortinas de fume”.

O goberno de Feijóo supuxo, pola contra, que 101.100 galegos mais quedaran sen traballo e 50.000 fogares carezan de calquera tipo de ingreso, mentres a Xunta só garante a renda social para 10.000 persoas. Neste contexto, o goberno de Feijóo “non ten feito nada para impulsar o emprego” nin para defender aos sectores industriais ou os coñecidos como “sectores refuxio” da economía galega.

Pola contra, o único que acadou a facer foi “aprobar unha batería de leis inútiles, centradas na publicidade e a propaganda para tapar a realidade” da situación socioeconómica dos galegos e das galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar