Os 426 euros a parados de longa duración, unha axuda necesaria pero "insuficiente e electoralista"

Os 426 euros a parados de longa duración, unha axuda necesaria pero "insuficiente e electoralista"

Os 426 euros a parados de longa duración, unha axuda necesaria pero "insuficiente e electoralista"

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a axuda para parados de longa duración de 426 euros da Xunta é “necesaria pero insuficiente e claramente electoralista”. A responsable socialista criticou tamén as axudas para formación anunciadas onte, que considera “absolutamente insuficientes” e “non afrontan o fondo do problema do desemprego”.

A responsable socialista dixo que a axuda para desempregados é “necesaria porque en Galicia hai 55.000 familias sen ingresos e a taxa de cobertura do desemprego non chega á metade das persoas sen traballo”. Sen embargo, os 426 euros resultan “insuficientes porque só van beneficiar ás persoas desempregadas de longa duración e con cargas familiares”.

Ademais criticou o “aroma claramente electoralista” da proposta, feita para un tempo determinado de seis meses “e anunciada precisamente en vésperas de eleccións autonómicas e municipais”. A axuda, dixo, “non atende nin á totalidade das persoas desempregadas que non perciben ningunha prestación, nin se estende no tempo”.

Reclamou un apoio para tódalas persoas paradas maiores de 45 anos sen renda de inserción, mulleres vítimas de violencia de xéneros ou persoas con minusvalía igual ou superior ao 33 por cento. Ademais, apunta que a axuda debe manterse no tempo “ata que a taxa de desemprego de Galicia estea por debaixo do 15 por cento”.

Axudas de formación

A responsable socialista criticou ademais as axudas de formación anunciadas onte por Feijóo xa que, tal e como subliñaron as propias centrais sindicais, resultan “absolutamente insuficientes e non afrontan o fondo do problema do desemprego en Galicia”.

Lembra que o paro está a ser peor en Galicia que no resto do Estado dende que Feijóo chegou á Xunta, “o que reflicte a falla dunha estratexia política para loitar contra o desemprego e a inexistente política laboral en Galicia”. Así o evidencia que os datos catastróficos do emprego en Galicia coincidan coa diminución das dotacións para emprego por parte da Xunta, que reduciu os orzamentos neste sentido nun 70 por cento dende os anos 2009 e 2010.

Para agravar a situación, dixo, os datos da Xunta revelan que a execución dos programas contra o desemprego é “como mínimo preocupante”. Quintas sinalou que no terceiro trimestre de 2014 tan só foron executadas o 43 por cento das partidas destinadas á creación de emprego, deixando de investir 157 millóns de euros dun total de 275 orzamentados.

Evolución de emprego

Quintas explicou que a evolución do emprego en Galicia “continúa a ser preocupante”, como indica que o número de horas traballadas no 2014 acabará sendo menor que para o ano anterior -previsiblemente en mais de 20 millóns de horas-. Así o desvela o feito de que para o terceiro trimestre se teña acumulado unha perda de 16 millóns de horas menos traballadas.

Do cativo número maior de ocupados -do 1,1 % segundo datos EPA para o terceiro trimestre do ano- derívase “unha precarización das actuais condicións laborais co aumento, en moitas ocasións fraudulenta, da contratación a tempo parcial”. Lembrou que dende o ano 2009 “ cos gobernos Feijoo se perderon mais de 250 millóns de horas de traballo en Galicia, segundo datos oficiais das contas trimestrais”.

Tamén de acordo co último dato facilitado polo IGE, o número de fogares galegos que tiñan como principal fonte de ingreso as pensións se situou nunha porcentaxe que superou por vez primeira aos que tiñan aos salarios.

Acusou ao goberno galego de preocuparse unicamente dos beneficios das empresas, garantindo un custe salarial á baixa, que en Galicia é ademais de cerca dun 20 por cento menor á media de España. O resultado é, dixo, a perda de mais de 150.000 ocupados dende que goberna Feijoo, un descenso un 56 por cento superior ao dato da media do total para España.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar