Orzamentos fallidos para crear emprego e impulsar a economía

Orzamentos fallidos para crear emprego e impulsar a economía

Orzamentos fallidos para crear emprego e impulsar a economía

O portavoz de Economía, Industria e I+D, Abel Losada, sinalou hoxe a “falla de visión de conxunto e de estratexia” por parte da Xunta para impulsar a economía e a creación de emprego de calidade. Así o dixo na presentación dos orzamentos da Consellería de Emprego, Economía e Industria, hoxe na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Sinalou que malia o medre nos orzamentos previstos para este departamento, Galicia está a acadar un crecemento do 2,4 por cento do PIB, por debaixo do 3 por cento estimado para apuntalar a creación de emprego, e moi por debaixo do 6 por cento do PIB que ten diminuído entre 2008 e 2015. Galicia caeu nesta etapa por enriba do 4 por cento que perdeu o Estado e ten 156.000 ocupados menos, polo que “non é verdade que saiamos reforzados da crise”, dixo.

O responsable socialista salientou a súa “preocupación polo tipo de postos de traballo” que busca o goberno galego, con “menos asalariados a tempo completo e menos empregadores, e máis contratos a tempo parcial”. Así o sinalan as reiteradas ondas da EPA, que sinalan que máis do 90 por cento dos contratos asinados son precarios.

Engadiu que “hoxe hai menos persoas paradas con protección, temos 76.645 persoas que leven máis de dous anos desempregadas” e ademais os fogares sen ingresos medraron un 17,2 por cento no último ano, revelando “un problema social dramático”.

Ademais, puntualizou, malia que o sector industrial recuperou 2.200 ocupados no último ano, iso supón que “a este ritmo necesitamos outros 20 anos para recuperar os postos de traballo perdidos dende que Feijóo preside a Xunta”.

Criticou que o goberno galego responda a esta situación facendo desaparecer os orzamentos as accións formativas dirixidas aos empregados, cando as correspondentes a 2016 aínda non foron convocadas, o BEI conxela os préstamos para formación dende a Operación Campeón e a Xunta deixa sen executar máis de 1.400 millóns de euros de medidas de impulso do emprego, apoio empresarial e innovación dende 2009.

Losada recomendoulle ao goberno galego “moderación” nos “discursos triunfalistas”, por canto o consumo final dos fogares ten pasado do 2,9 ao 2,3 por cento do PIB, e o gasto final das administracións baixou do 2,4 ao 2 por cento, o que supón unha “diminución no crecemento do gasto”. Ademais, malia que as exportacións “compórtanse ben”, iso non agocha que a previsión para 2017 sexa unha nova baixa.

Aludiu tamén aos informes da Universidade de Vigo sobre a competitividade de Galicia, que apuntan a que Galicia “medra pouco e necesita acompañamento público” xa que, de 27 indicadores, a economía galega atópase por detrás en 20, nomeadamente en aqueles referidos a coñecemento, capital humano e innovación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar